mércores, 29 de maio de 2024

Lecturas en MAIO: en galego

 Boas amigos e amigas!

Compartimos por aquí as nosas últimas LECTURAS EN VOZ ALTA do curso do alumnado, adicadas á lingua galega, en homenaxe ás nosas Letras Galegas. Estes foron os exemplares escollidos, que fai pouco que chegaron á nosa biblioteca:

Para Infantil e 1º ciclo de Primaria, leron as nenas e nenos de 2ºB: Noa, Leo, Alma, Erick e Yaiza. Leron divertido cómic de MIÑOCA E COELLO, de Ramón D. Veiga (editorial Xerais, Merlín cómics). 


No 2º ciclo, puidemos desfrutar da man Andrea, Carla J., Carmen, Aroa, Sofía, Antía, Gael, Nerea e Mauro, de 3ºB. Escoitamos O MISTERIO DO CEMITERIO VELLO, de Fina Casaldelrrey, da editorial SM. 


Para o 3º ciclo, foi o alumnado de 5ºA o que nos leu XELÍS, O GUIERO DAS BOTELLAS DE MAR, escrito por Rosa Aneiros, da editorial Xerais. Eles e elas son Maeteo, Juan Carlos, Daniela Guillín, Noa Monteserín, Jacobo e David.


Deica pronto amiguiñxs!

Ningún comentario:

Publicar un comentario