luns, 23 de abril de 2018

23 de abril, Día do libro





Hoxe, 23 de abril é o día do libro. Sabes por que se celebra este día?
A celebración do día do libro remóntase a 1926. Escolleuse este día porque un 23 de abril morreu Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Por este motivo foi escollida esta data pola Conferencia Xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todos, e en particular aos máis xoves, a descubrir o pracer da lectura.
Para festexar este día no noso colexio fixemos a actividade "Padriños lectores". Proximamente amosarémosvos as fotos.

venres, 13 de abril de 2018

Máis novidades de abril

Estas en sexto? Parabéns! Xa tes no expositor de novidades os cómics do detective Conan cos casos que resolve Shinichi Kudo, un brillante adolescente atrapado no corpo dun neno de seis anos, que deixa a todos abraiados coas súas habilidades detectivescas.


martes, 10 de abril de 2018

Abril, Mes do Libro

Como o 23 de abril se celebra o Día do Libro, adicamos todo o mes a esta conmemoración.

Para comezar, no expositor das novidades podes atopar os novos libros da biblioteca.

Para educación infantil:

Para os primeiros lectores:



Para os lectores autónomos:


Tamén podes ler "Allumette", de Tomi Ungerer.

Para os lectores avanzados:




Ademáis, nun andel da biblioteca, poderás atopar todos os exemplares que temos de "Don Quijote de la Mancha", de Miguel de Cervantes.

Como actividade principal desta conmemoración, o día 23 faremos a segunda edición dos "padriños lectores" no colexio. Grazas a todos por participar.

Iremos colocando máis novidades segundo avance o mes. Estade atentos!



luns, 9 de abril de 2018

Os 75 anos do Principiño

   Cando eu tiña seis anos, unha vez vin un libro sobre a Selva Virxe, que se titulaba Historias vividas, unha magnífica estampa. Representaba unha serpe "boa" tragando unha fera.
   Dicíase no libro: "As serpes `boas´ tragan a súa presa enteiriña de todo, sen mastigala. Despois non se poden mover e dormen durante os seis meses que tardan en facer a dixestión"
   Matinei eu entón moito sobre as aventuras da xungla, e cun lapis de cores conseguín trazar o meu primeiro debuxo.

Así comeza O Principiño, a obra de Antoine de Saint-Exupéry, que este ano celebra o 75 aniversario da súa publicación.


Na biblioteca tes varios exemplares desta famosa historia. Anímate a lelo!

xoves, 5 de abril de 2018

Poesía na primavera

O día 21 de marzo comezou a primavera e tamén foi o Día Internacional da Poesía. Para celebralo na biblioteca houbo lecturas.


Tivemos unha grande afluencia de público. Aquí tendes o vídeo. Espero que o disfrutedes.




Gracias de novo aos asistentes e aos lector@s. Esperámosvos na vindeira sesión de lectura.