xoves, 16 de maio de 2024

Letras Galegas e novidades lectoras

 Ola ola bibliopingueirxs!

Hoxe pasámonos por aquí para ensinarvos as ÚLTIMAS NOVIDADES deste curso, que aínda que estemos en maio xa non queda nada para chegar á recta final deste ano olímpico!

No vídeo podedes ver os novos exemplares que xa están dispoñibles para levar en préstamo:


Aproveitamos tamén para ensinarvos as PROPOSTAS de traballo polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado a Luísa Villalta. Xunto co EDLG, deixamos á disposición do alumnado e do profesorado material para coñecer máis a esta autora homenaxeada e tamén xogos onde poder disfrutar da nosa lingua.


Deixamos tamén un par de enlaces interesantes:

- Vida de Luísa Villalta: https://www.youtube.com/watch?v=rxrwWCT_nbI&t=1s

Biografía musical: https://www.youtube.com/watch?v=RXB-BKbkqDE

- Canción sobre un poema de Luísa: https://www.youtube.com/watch?v=LKfespt9jC8 

Adxuntamos o enlace ao material do Seminario Galán por se queredes acceder directamente, pois sempre fan un traballo excelente nesta importante conmemoración e na que o noso centro colabora.

http://seminariogalan.org/

Deica pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario