domingo, 23 de maio de 2021

MAIO: BOOKTRÁILER EN PROCESO

 Ola de nova a tod@s!

Booktráiler? Que é eso? 

Foi unha das preguntas que moitos se fixeron pero o noso alumnado xa está traballando nel... queredes saber como chegamos a esta proposta?

Pois para esta última actividade do curso quixemos que algunha das novidades que chegaron á nosa biblioteca nestes meses foran presentadas dun xeito diferente, e esta forma era a través dun "booktráiler". 

En poucas palabras, vén sendo un anuncio dun libro para que os lectores e as lectoras se animen a vir á biblio e coller en préstamo eses exemplares.

Todo comezou cunha busca de pistas polo cole para encontrar o noso "tesouro", pasámolo xenial e pronto veredes o resultado, o prazo aínda remata o próximo 4 de xuño. 

Aquí vos deixamos o xogo de pistas:

Ata pronto!

domingo, 16 de maio de 2021

Videolecturas MAIO: Letras Galegas

 Ola de novo nenas e nenos!

Hoxe traemos de novo as LECTURAS EN VOZ ALTA por parte do alumnado.

Este mes, como non podía ser doutra maneira, adicado ás Letras Galegas, das que podedes encontrar novidades na Biblio, e tamén todas en galego, na nosa lingua, con algunhas traducións da homenaxeada este ano: Xela Arias.

Nesta ocasión, todas as lecturas feitas polo alumnado son en galego, pois valoramos enormente a nosa lingua como ben cultural e propio. Aquí as tedes.

O alumnado de 4ºA, móstrannos parte da vida de Xela Arias a través da súa biografía. texto que prepararon eles mesmos. 


Pedro, Manuel, Pablo e Sophie, nenas e nenos de 3ºC, len  o conto que escribiu con tan só 11 anos, e que a fixo darse a coñecer como poeta e escritora "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia".



Len Antía, Xoel, Cristian e Daniela, de 6ºC, que len "As bruxas", un clásico de Roal Dahl, da editorial Xerais, traducido por Xela Arias.



O alumnado de 5ºC, le un frangmento de "Contos por teléfono", archicoñecido libro tamén de Gianni Rodari, traducido tamén por Xela, da editorial Kalandraka.  Len, nesta última videolectura Adrián, Belén, Jorge, Nadín, Enzo e Laura.


Agardamos que as disfrutedes!

Ata pronto! 

mércores, 12 de maio de 2021

Novidades en MAIO

                             Boas de novo lectores e lectoras do cole!!!

Como xa comentamos nunha entrada anterior, este mes de maio, das Letras Galegas, adícase a XELA ARIAS. Podedes ver máis información premendo AQUÍ.

Sabemos que aínda polo seu valor literario, Xela destacou, entre os máis pequenos, por  traducir obras moi coñecidas. Así, queremos compartir con vós as NOVIDADES DA BIBLIO deste mes, íntegramente en galego, homenaxando así a nosa lingua.

Podedes atopar algún libro publicado fai nadiña e algún que outro clásico para poder disfrutar del. Agardamos que vos gusten e que veñades pola biblioteca a buscalos! Están desexando visitar ás vosas aulas e casas! 

Na biblio podedes atopalas na estantería de "Novidades" que está fóra e tamén na de dentro branca. Picade no enlace para velas.

Recordade que podedes collelos na biblio para levar en préstamo para as aulas; se as titoras levan o control do préstamo tamén podedes levar os exemplares para a casa, cumprindo as medidas de corentena/desinfección correspondentes.

Vémonos pronto! Agardámosvos na biblioteca!

Unha aperta grande!



Letras Galegas 2021

 Boas de novo!

Como xa saberedes, o próximo día 17 celebramos o día das nosas letras: 

AS LETRAS GALEGAS.

Este ano adícase a Xela Arias, unha das poucas mulleres as que se homenaxeu neste día tan importante. 

Esta muller luguesa, foi poeta, tradutora e profesora. 

Aínda que ten moita relevancia nos ámbitos da lingua por estas facetas, o certo é que a súa obra non estaba adicada a nenos e nenas, máis é coñecida por traducir obras ben coñecidas como "As bruxas", de Roal Dahl ou "Contos ao teléfono", de Gianni Rodari. 

Para os más novos, é habitual que teñades nas bibliotecas xa unha boa colección de libros en galego, pero non fai tantos anos, había pouca xente, como Xela, que se adicara a traducir libros á nosa lingua. Disto a súa gran relevancia no panorama literario galego. 

Podedes consultar o blogue de Galeguiño, do Equipo de dinamización da Lingua Galega, que tamén compartiu algunhas propostas:

Nestes enlaces tedes información, actividades e algún xogo sobre ela. 

Telexornal coa vida e obra: https://www.youtube.com/watch?v=7sgoIh6vAqA

RAG: https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias

Primavera das Letras: https://primaveradasletras.gal/

Seminario Galán: http://seminariogalan.org/

    Actividades en liña: http://seminariogalan.org/inicio/2021/actividades

Geniallys informativos: 

- https://view.genial.ly/604f7afade82e60da5bba009/presentation-xela-arias

-https://view.genial.ly/60587802f3bc7f0da6b9a50d/presentation-xela-arias 

https://view.genial.ly/608b1a860a135c0d8dbbb9e6/horizontal-infographic-diagrams-letras-galegas-2021

Pasapalabra: 

https://view.genial.ly/6080377a81ec650d3bc0229f/presentation-pasapalabra-xela-arias

Xogo verdadeiro/falso:

https://view.genial.ly/6096562ce1bf7c0d79b2705c/interactive-content-verdadeiro-ou-falso


Para a semana ensinarémosvos unha proposta que estamos a preparar que ten como protagonista a XELA e a ROBÓTICA. 

Esperamos que sexa da vosa utilidade!

Saúdos!

luns, 10 de maio de 2021

ABRIL: "Contos enxaulados"

 Ola ola!

Como xa estaredes ó tanto e vos anunciabamos en algunha publicación anterior, a nosa proposta do mes de abril foi o 

I CONCURSO DE CONTOS ENXAULADOS

no cal cada aula tiña que escoller unha historia ou conto e meter nun bote elementos significativos que permitirán adiviñalo... 

Aquí os podedes ver... prontiño anunciaremos os gañadores/as! 
Que será o grupo/clase de cada ciclo que máis libros acerte!





Queredes xogar con nós??  Podedes deixar os comentarios abaixo!

Saúdos! 

venres, 7 de maio de 2021

BIBLIOTECA: ESPAZO VIVO

OLA DE NOVO nenas, nenos, profes e familias!!!

Hoxe é un día moi especial, pois aínda que o pasado día 30 foi cando fixemos a nosa reapertura, hoxe queremos amosarvos o resultado. 

Xa o anunciamos fai uns días: por fin, despois de moito esperar, aquí a temos...

 o noso novo espazo de BIBLIOTECA!!

Todas e todos sabemos que este curso e o pasado non foron fáciles, pero dende que o pasado mes de maio fomos aceptados como centro no PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares) as nosas cabeciñas comezaron a pensar e pensar mil e unha cousas para marabillar ao noso alumnado co proxecto que tiñamos en mente!

Foron moitos meses de traballo, de espera, de lidiar co Covid polo medio, de ter a biblio cerrada, tempo de mudanzas e de reformas (moooitas reformas); tamén foi un tempo de preocupacións, de dúbidas, de incertidumes pero, sobre todo, de ilusións, ilusión e alegría por mellorar o noso cole. 

E o resultado valiu a pena, e as caras das nosas nenas e dos nenos así o demostran. 

Aínda quedan melloras e cousiñas por facer, pero este novo espazo era imprescindible para levar a cabo todas as nosas ideas, un espazo que hoxe é unha realidade. 

Aquí podedes ver o antes e o despois e todo o proceso.

Queremos propoñer actividades e dinámicas que inviten ao noso alumnado a visitar a nosa biblioteca, un espazo para ler, compartir, contar e sorprenderse; un espazo para "fedellar", para experimentar e para investigar, un espazo para compartir alumnado, profesorado e familias; un espazo para vivir... unha biblioteca que "invite a soñar cos ollos abertos".

Dende o equipo de Biblitoeca (que adicamos horas e horas e máis horas), queremos agradecer a todos os nosos compis a axuda e colaboración, en especial, o apoio por parte do Equipo directivo, por camiñar con nós neste viaxe que só acaba de comezar.

Agradecer tamén a colaboración do Concello de A Laracha, a aportación da Consellería de Educación e o apoio da asesoría de Bibliotecas. Tod@s puxeron o seu gran para comezar este pequeno gran proxecto. 

GRACIÑAS A TODOS E TODAS!

Isto só acaba de comezar!

Non deixedes de visitarnos no noso blog e nas redes sociaisBiblioracha (A biblio de Ramoniño)

Unha aperta xigantesca!

Equipo de Biblioteca

mércores, 5 de maio de 2021

NOVIDADES ABRIL

 Boas a todas e todos!

O noso alumnado xa coñece o novo espazo da biblio... que este curso, por mor da situación sanitaria, non poderemos disfrutar del nos recreos pero si no horario do cole. 

Hoxe queremos ensinarvos unha morea de NOVIDADES

Os libros e contos fóronse acumulando nestes meses pero non quedaron olvidados e nesta presentación volos ensinamos. Tedes moito onde escoller!

Podedes collelos na biblio para levar en préstamo para as aulas

Agardamos que vos gusten e que disfrutedes moito de todos eles que están desexando ser lidos!


Unha aperta grande!




sábado, 1 de maio de 2021

REAPERTURA BIBLIOTECA!!!

Boas nenos, nenas e familia do Otero Pedrayo!

Hoxe traemos unha gran noticia: REABRIMOS A NOSA BIBLIO!

Estrenamos ESPAZO, LOGO e CABECEIRA de BLOG! =)

Xa desde o xoves o noso alumnado foi visitando o novo espazo de biblioteca por primeira vez... e as súas caras o decían todo! 

Onte, venres, contamos coa presenza do Alcalde, a concelleira de Cultura, o Inspector da nosa zona e a Asesoría de Bibliotecas, que tamén nos trasladaron a noraboa polo gran traballo realizado, interesándose polas novas propostas e espazos da biblioteca.

Deixámosvos aquí un adianto cunhas fotiños... pronto veredes un antes e despois do gran cambio, pois o alumnado de Infantil aínda non coñece o noso novo gran tesouro. 




Ata pronto!