martes, 27 de febreiro de 2018

24 de febreiro, día de Rosalía de Castro


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

xoves, 8 de febreiro de 2018

Día da Paz

Desde a biblioteca celebramos o día escolar da paz e da non violencia cunhas lecturas. Foron todo un éxito de público. Aquí vos deixamos o vídeo. Gracias aos asistentes e, sobre todo, ás lectoras.

sábado, 3 de febreiro de 2018

Novidades

Xa tedes no expositor da nosa biblioteca os novos libros. Pasádevos por aquí para botarlles un ollo e levalos en préstamo.
Dentro destas novidades están a historia número 12 do Diario de Greg e varias do Diario de Nikki.

                                 diario de greg 12 (ebook)-jeff kinney-9788427213630           diario de nikki 7: una famosa con poco estilo-rachel renee russell-9788427208483

Ademais poderedes coñecer a historia de Mundo, saber quen é Tango ou descubrir por que corre a cabaciña.



Dádevos présa!