domingo, 26 de marzo de 2023

LECTURAS EN MARZO: poesía e teatro

 Ola ola!

O noso alumnado volveu a acompañarnos esta semana coas LECTURAS EN VOZ ALTA. Este mes foron adicadas a POESÍA e ao TEATRO , conmemorando os días respectivos 21 e 27 de marzo.

O alumnado de 3º ciclo puido disfrutar de poemas de distintos exemplares. 

O alumnado de 6ºD leu un fragmento da obra "A pequena compaña", de Carlos Labraña (edicións Embora).  Son Elsa, María, Daniela, Noa, Álvaro, Bruno, Dani e Gumer.

Gorka, de 5ºA, leu uns poemas deste novo exemplar da nosa biblio "Poemas chininos", poemas de Rafael Alberti illustrados por Mariana Ruiz Johnson, da editorial Miau. Tamén de 5ºA, Alexia e Alba leron uns fragmentos de "Paseniño, paseniño", poemas de Antonio García Teijeiro (editorial Xerais). 


No 2º ciclo, leronse tamén varias propostas:


Por parte de Roque, Sergio, Emma, Julia, Noa, Alex, David, Naevia, Emma e Mateo, alumnado de 4ºB, puidemos escoitar distinto poemas de Leire Bilbao e a súa publicación "Bechopoemas", de Kalandraka. 

Tamén leron un conto do coñecido "Cuentos en verso para niños perversos", o clásico de Roal Dahl. 


Para os máis peques (Infantil e 1º e 2º) repetimos os contos en verso de Dahl, "el cuento de Caperucita" xunto con varios poemas de "Versos de cuento", de Carmen Gil  e Gusti, da editorial SM. 

Elas e eles son de 2ºD, e de esquerda a dereita Iker, Marcos, Hugo, Cloe e Andrea. 


Graciñas de novo a todxs os lectores e a todo o alunmnado que acode ás lecturas!
Vémonos nas próximas!

sábado, 11 de marzo de 2023

8M: Contos e historias pola igualdade

 Boas de novo!

Compartimos por aquí as nosas propostas para ler con motivo do Día da Muller, o pasado 8 de marzo. 

Unha pequena mostra para seguir crecendo e aprendendo en igualdade. 

Pasádevos pola Biblio para levar os exemplares que máis vos gustan en préstamo!

Deica pronto!