venres, 28 de xaneiro de 2022

Videolecturas DÍA DA PAZ

 Ola de novo bibliopingueiros!

Aquí estamos de novo para ensinarvos as lecturas deste mes, que por mor da pandemia, nesta ocasión son de forma online. Agardamos recuperar nas próximas as lecturas en voz alta durante os recreos. 

Nesta ocasión as lecturas están relacionadas co DÍA DA PAZ próximo 30 de xaneiro, traballando valores como a tolerancia, a convivencia, a comprensión e a empatía. 

Agardamos que vos gusten!

Destinadas ao PRIMEIRO CICLO de Primaria e EDUCACIÓN INFANTIL, temos UBÚ, de Jerome Ruillier, de editorial Juventud. Nos len Mateo, Gabriela, Julia e Diego, de 2ºC


Para 2º CICLO, alumnado de 7, 8 e 9 anos, o alumnado de 4ºA, Iker, Martina, Alba e Aroa, len unhas historias moi interesantes sobre a importancia da constancia, do esforzo e dos soños en  VALORES DE ORO, de varios autores e ilustradoras, da editorial Palabras Aladas. 

Finalmente, de 5ºD, Iker, Noa, Elsa, María, Álvaro e Óliver, nos len un fragmento do clásico en galego "CANDO HITLER ROUBOU O COELLO ROSA", de Judiht Kerr, editorial Alfaguara. Apropiado para nenas e nenos de 10 anos en diante.  



Na biblioteca tamén tedes dispoñible unha selección para desfrutar nestes días. Aquí os podedes ver e pasarvos tamén pola biblio: 

 

Pronto teredes máis noticias para este próximo mes de febreiro que ven cargadiño de propostas!! =)

Ata pronto!

luns, 17 de xaneiro de 2022

Novidades na biblio!

Boas de novo bibliopinguierxs!!!

Que tal foron esas vacacións? 

Douvos tempo a ler algún libro interesante que nos queirades recomendar?

Se é así podedes mandar o voso vídeo (máximo 1 minuto) contándonos que vos pareceu a bibliolaracha@gmail.com

E para comezar este mes vos deixamos por aquí un montón de NOVIDADES para que poidades levar en préstamo. Pinchade na imaxe e descubrídeas! 

Ata novo aviso a biblioteca permanecerá pechada nos recreos de xeito que podedes facer o empréstito na sesión que tedes asignada coa vosa profe!

ATA PRONTO!!!