mércores, 22 de xuño de 2022

E ti... que vas ler?

Para rematar o curso, como cada ano, compartimos con toda a comunidade educativa unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS para este verán.

Pinchade na imaxe e poderedes ver un montón de exemplares que seguro terán éxito!

Se ledes algún exemplar podedes compartir a vosa opinión mandando un email a bibliolaracha@gmail.com, a través de texto ou vídeo, que compartiremos á volta das vacacións en setembro.


E con isto pechamos a nosa biblio ata o próximo curso bibliopingueirxs!

Un curso moi intenso, no que dende o equipo de biblioteca, esperamos que as propostas realizadas vos gustarán e serviran, sobre todo, para aprender dun xeito diferente.

Moitas grazas a todo o alumnado do cole, especialmente aos colaboradores e colaboradoras que pasaban o recreo axudando. Tamén agradecer a partitipación de todo o profesorado.

Unha aperta xigantesco!

FELIZ VERÁN! =)



As lendas do Otero Pedrayo

Boas de novo!

Dende fai unhas semanas xa tedes na biblioteca de forma física "As lendas do Otero Pedrayo", que pasarán a formar parte da nosa biblioteca e que son o resultado final do noso PDI do curso "Galicia Meiga"

Grazas de novo a todxs por participar. 

Agora compartimos con vós as lendas escritas a través de formato dixital, para que poidades consultalas sempre que queirades.

Tamén compartimos as que se fixeron en formato vídeo:

"A lenda máxica de Gabenlle", realizada polo alumnado de 6º de Infantil.

"Cando Ramoniño coñece a natureza", de 1ºA. 

"O sequio e a viaxe de Ramoniño", de 1ºB.

"A lenda do Místero e os Romanos", de 1ºC.

De 6ºB, "Asubíos con ás".


E por último o podcast de 5ºB "O misterio de Soandres". 

Noraboa polo gran traballo feito! 

martes, 21 de xuño de 2022

Colaboradores na biblio!

 Ola de novo!

Compartimos con vós a despedida do alumnado colaborador deste 3º trimestre.

Por aquí temos ao alumnado de 5º curso.

Tamén aos de 6º, que estaban de celebración na súa graduación. 







E por último ao alumnado de 4º.

Moitísimas grazas rapaces e rapazas por participar na organización da biblioteca, sen vós non sería posible!

Para o próximo curso contamos de novo con vós, para máis e mellor!

Deicalogo!

domingo, 19 de xuño de 2022

Últimos viaxes das "Mochilas viaxeiras"

Por aquí voltamos!
Imos rematando xa o curso e por aquí deixamos aos últimos nenos e nenas que levaron as mochilas viaxeiras temáticas do 2º ciclo. 

Aquí temos a María García de 3ºA e a Roque, de 3º tamén.

Tamén a Sophie e Wiam de 4ºC


E, por último, a Candela, Noa Monteserín e Cristian de 3º curso.

O próximo curso estas mochilas volverán viaxar ás casas das nosas familias, compartindo momentos e historias!

Agardamos que o alumnado que as levara disfrutara moito con elas e grazas por aportar a vosa opinión nas libretas que enviamos. 

Un saúdo!

venres, 17 de xuño de 2022

Extra extra: a nosa radio xa ten nome!

 Ola ola biblipingueiros!
Por aquí estamos de novo... esta vez con dous anuncios moi especiais da nosa RADIO. 

Por unha banda, a despedida do alumnado de 6º de Primaria, que xa marcha para o insti e quixeron deixarnos unhas mensaxes!

Podedes escoitalas aquí! https://go.ivoox.com/rf/88418529



E por outra banda, despois de todo o curso, por fin por fin... 

temos NOME OFICIAL DA RADIO!!!!!

Para descubrilo clicade na imaxe!  Parabéns a aula de 1ºB, pois a súa proposta foi a elexida!


E ata aquí a andanza da nosa radio este curso, para o próximo septembro máis e mellor!

Grazas a todas as rapazas e rapaces de 5º e 6º que participaron e tamén as titoras que se atreveron a probar este novo espazo.

Apertas enormes!

xoves, 2 de xuño de 2022

Animación á lectura: Celtia Figueiras e Toupiciencia

 Ola ola de novo!

Hoxe compartimos con todos e todas vós dúas actividades que tivemos na nosa biblio de animación á lectura, por parte da compañía "A Xanela do Maxín"


Tivemos a sorte de contar coa visita de Celtia Figueiras, co seu contacontos "Ú´la lúa?"

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria quedou marabillado! E estamos desexando coñecer a segunda parte desta entrega, que según nos chivou Celtia, agárdase para setembro! 


Ademais deixounos uns exemplares firmados con moito agarimo para a nosa biblio! Que sorte!



As nenas e nenos de 1º de Primaria e 6º de Infantil puideron disfrutar coa actividade de "Toupiciencia", da man de "Petronio" e a Toupiña. Canto nos rimos e tamén canto aprendemos! Poñeremos os experimentos pronto en marcha! 

Para o próximo curso quremos máis visitas!
Vémonos pronto amiguiñxs!!

Lecturas en voz alta: As lendas do Otero Pedrayo

Boas de novo amigas e amigos. 

A actividade de LECTURAS EN VOZ ALTA converte en protagonistas ao alumnado, pois no mes de maio e xuño seran lidas as LENDAS que se elaboraron para o PDI do cole "Galicia Meiga", compoñendo así As Lendas do Otero Pedrayo.

Nesta primeira volta, leron estas lendas que vedes no cartel, algunhas delas en formato vídeo, que pronto compartiremos:

Aquí tendes as lectoras e lectores:

Para 5º e 6º leron Paula Bello e Sara de 6ºA; e Alba, Hugo e Daniela de 6ºB.


Para o 2º ciclo, 3º e 4º de Primaria leron Enma, Kemilly e Sergio de 3ºB; e de 4ºA Leyre e Marta. 

Para 1º e 2º de Primaria, participaron Hugo, Naia, Inés e Sabela de 2ºC. 


Graciñas por ler a a todxs por vir escoitar!

E aquí compartimos a segunda ronda de lecturas:

Para o 3º ciclo de Primaria leron:

De 5ºA, Kevin e Diego.

Shaila e Martina de 5ºB
De 5ºD Iván, Laura, Paula e Lara.

Aquí tedes a Pablo e Alexia de 4ºC
E tamén a María, Carmen, Martín, Rubén e Bruno de 3ºC.

Para o 1º ciclo contamos con Martín, Yasmina e Anxo de 2ºA, que leron a lenda de Infantil

Ata pronto!