xoves, 22 de xuño de 2023

Todo o bo se acaba... FELIZ VERÁN!

 Ola ola!

Agora si que si chegou o momento da despedida...

Dar primeiro as GRAZAS a todo o profesorado, ás familias e ao alumnado colaborador por seguir este curso apoiando á biblioteca nas súas propostas e camiñando con Ramoniño, que xa sabemos que non lle gusta nada aprender so =)

Despedimos ao último grupo de colaboradores e colaboradoras, grazas pola vosa axuda rapaces e rapazas! Para o ano máis e mellor =)


E como sempre, preparamos unhas NOVAS RECOMENDACIÓNS para que no verán sempre vaiades acompañadxs dun bo libro. Non digades que non é a mellor compañía...


Tamén vos mandamos a proposta dunha actividade para este verán: RECOMENDARNOS UN LIBRO! Podedes facelo en calquera momento con algún libro que vos guste, tanto pequenos como maiores. Aquí tendes as indicacións:

Deica pronto bibliopingueirxs! Desfrutade moito das vacacións e moi feliz verán!

APERTAS XIGANTESCOS!!!

Déixame que che conte: colorín colorado, este conto está rematado!

 Ola outra vez biblipingueirxs!

O curso xa está case por rematar e estamos a puntiño de pechar a nosa bitácora ata setembro, pero antes, faltábanos compartir os traballos e proxectos finais do alumnado en relación ao PDI literario deste curso "Déixame que che conte...". 

Aquí vos deixamos as distintas propostas:

INFANTIL

3 ANOS A: A eiruguiña comellona, historia no kamishibai.


3 ANOS B: A que sabe a Lúa?, historia con marionetas.


4 ANOS: As nenas e nenos deste nivel prepararon un museo de Arte espectacular, relacionado coa temática dos contos que traballaron e coa parte máis artísticas. Con respecto aos contos que traballaron, continuaron as versións das suas historias nun formato moi divertido e ademais recrearon portadas dos seus libros favoritos.


1 CICLO DE PRIMARIA

1ºA: Un huevo muy bueno, booktráiler.



1º B: Las rabietas de Lois, vídeo conto.


1ºC: Gigantosaurio, contando o conto.


As nenas e nenos de 2º A e 2º B, representaron as súas historias con marionetas. 

2ºA: Pinocho.


2ºB: El gato con botas.



2º CICLO DE PRIMARIA

3ºA: O mago de Oz, teatro.


3ºC: Hánsel e Gretel, teatro. 

VÍDEO PENDENTE


4ºB: 101 Dálmatas, pasapalabra interactivo.

 

4ºC: Caperucita Roja, historia no kamishibai.

3º CICLO DE PRIMARIA

O alumnado de 5º de Primaria preparaou distintos xogos de mesa relacionados cos libros escollidos. Aquí os podedes ver e estarán na biblio para xogar con eles:


5ºA: Sherlock, Lupin e Irene. Xogo de preguntas. 



5ºC: A folla azul, pasapalabra dixital sobre o libro.  



En 6º animáronse a usar a nosa radio e aquí tedes un podcast súper completo!

6ºD: Querido nadie, podcast (clicka enriba para escoitalo na nosa canle de ivoox).


Moitas grazas ás nenas e nenos polo seu traballo e adicación este curso, e aos profes por participar na proposta: fixestes auténticas marabillas! NORABOA POLO TRABALLAZO!

Agora podedes desfrutar de todo este material accedendo ao blogue e estará dispoñible na biblioteca no próximo curso. 

Vémonos pronto!

mércores, 7 de xuño de 2023

Nas lecturas de maio, "Déixame que che conte..."

Boas tardes blogueirxs!

Durante o mes de abril tivemos numerosas propostas na biblio (mes do libro, apadriñamentos, vacións incluídas...) e deixamos as LECTURAS EN VOZ ALTA en espera, pero neste mes recuperamos de novo esta proposta co alumnado voluntario.

Nesta ocasión os exemplares elexidos son 3 libros que se traballaron ao longo do curso dentro do PDI "Déixame que che conte..."

Para o 1º ciclo e Infantil, leuse o clásico en galego de OS TRES PORQUIÑOS, na versión de OQO editora, escrita por Raquel Méndez e Helga Bansch. Leu o alumnado de 1º curso: Leo, Lara, Navia, Tomás, Nuria, Thiago e Sergio. 


No 2º ciclo, a clase de 4ºC, Simón, Paula, Valentín, Alba, Andrea, David, Marcela e Jacobo, leron O MAGO DE OZ, adaptación de Élodie Coudray e Anouk Filippini, a versión en galego de Baía Edicións.


Por último, o alumnado de 3º ciclo escoitou uns fragmentos de A NENA CO VESTIDO DE FLORES, de Manuel Fontemoura, da editorial. Os e as lectores son de 6ºB: Breixo, Pedro, Carla e Mateo.

Deica pronto!

luns, 5 de xuño de 2023

EXTRA EXTRA... A NOSA RADIO AO COMPLETO!

 Ola ola!

Hoxe vimos cunha nova moi importante, pois por fin, a NOSA RADIO ten o seu logotipo oficial, que xunto co nome 600 NAS ONDAS xa está ao completo! 

Nesta foto podedes ver a clase de 2ºB, que xa o curso resultara a clase gañadora do nome da radio. Parabéns para todo o grupo!



Para escoller o noso logotipo, puxemos en marcha un CONCURSO para o alumnado de Primaria e foi unha difícil decisión pois había logos ben chulos e orixinais. Grazas a todos e todas por participar!


Aínda que escollemos un só logo gañador, queríamos facer un pequeno detalle e recoñecemento ao mellor deseño de cada nivel e aquí os podedes ver. Parabéns rapaces!


Estes son os finalistas:



E... por fin! O LOGO GAÑADOR, de Paula Vilar, de 6ºD.

NORABOA PAULA! Un orgullo escoller o teu logo! Eres unha artista! 

Vémonos pronto en 600 NAS ONDAS! =)

xoves, 1 de xuño de 2023

Escritorxs molóns: Chema Heras e Pilar Martínez!

 Boas de novo biblipinguierxs!

Continuamos coas actividades dentro do marco do noso PDI "Déixame que che conte...". Nesta ocasión tivemos de visita a PILAR MARTÍNEZ e CHEMA ARIAS, autores de libros tan coñecidos como Cando Martiño tivo ganas de facer pis na noite de Reis, Avós ou A Galiña Roxa.

Ademais, nos últimos anos, forman parte de TÁNDEM SACEDA, que xunto con biólogos, crearon a colección da man de Kalandraka de "QUEN SON? Crías de Animais". Aquí podedes ver os exemplares que tamén temos na nosa biblio. 


Deixámosvos unhas fotiños da súa visita!

Grazas por vir Pilar e Chema, pasámolo en grande!

E polas adicatorias tan chulis que agora teñen os libros da nosa biblio!


Deica pronto!