martes, 24 de maio de 2022

Colaboradores molóns!

 Ola ola!

Quedaranos pendente por aquí agradecer aos rapaces e rapazas que nos axudaron durante os recreos no segundo trimestre!

Sen todas elas e eles non sería posible ter a biblio en funcionamento!

Grazas a todxs!



Máis mochilas temácticas viaxeiras

 Boas de novo blogueiros!

Aquí vos deixamos outra ronda das nenas e nenos que están levando en préstamos as Mochilas viaxeiras temáticas, que seguen sendo un éxito! Dende o equipo estamos moi contentxs coa súa acollida.

Vamos pois coa penúltima ronda de protagonistas:

Comezamos con Xián de 3ºB, Irene de 3ªA e David de 3ºC.

Aquí contamos con Aroa de 4ºA e Antón, de 4ºC.

Tamén Alba e Antón, de 4ºC.

Vera e Naevia de 3ºB.

Alba e David de 3ºA.

Marco e Lara de 4ºC xunto con Darío de 4ºA.

Aquí temos a Paula de 3ªC, Mario de 3ºA e Adai de 3ºB.

De 3ºA temos a Bruno, xunto con Yago e Simón de 3ºC. 

Podedes ver a Alexia e César de 4ºC acompañados de Aitor de 4ºA.

Por último, contamos con Lucía e Alexia de 4ºC, xunto con David de 4ºA.

E tamén Gabriela R. de 3ºA, Aintzane de 3ºC e Gabriela Q. de 3ºB.

Deica pronto!


martes, 10 de maio de 2022

Última parada: Pontevedra

 Boas de novo amigos e amigas de Bibliolaracha!

Voltamos de novo coa última parada de Ramoniño, esta vez en Pontevedra, onde vén cargadiño de flores. 

Facede click na imaxe e poderedes ver o seu camiño.

Pronto estará de volta para ver todo o voso esforzo e os traballos que preparastes para acompañalo na súa viaxe por "Galicia Meiga"

Apertas!

sábado, 7 de maio de 2022

Mes do libro: actividades e propostas

Ola ola! Aquí andamos de novo. Esta vez para amosarvos as propostas que se fixeron durante todo o mes de abril na biblioteca, pois celebramos por todo o alto o Día do Libro, no noso caso, mais ben...

O MES DO LIBRO

Comezábamos o mes cos APADRIÑAMENTOS LECTORES no patio. Despois desta época tan complicada co Covid, no que era moi complicado xuntarse, imos volvendo pouco a pouco á "normalidade" e recuperamos esta actividade que gusta a todo o alumnado. As nenas e nenos máis maiores léronlle aos máis pequenos moitos dos exemplares que temos na biblio.







Despois das vacacións, o venres 22, con motivo do propio día do Libro (23 de abril) volvemos compartir espazo todxs xunts, e fixemos un BINGO LITERARIO, cantado polo alumnado voluntario de 6º. Moi divertido si e con dous grupos gañadores (as aulas de 2ºA e 3ºC) aínda que se nos fixo un chisquiño longo! Repetiremos pero con máis brevidade.

E para rematar, Ramoniño invitounos a preparar unha CITA LITERARIA A CEGAS. As aulas participantes puideron desfrutar dunha lectura recomendada por outro grupo, sempre con moito agarimo e creatividade, pois os envoltorios eran ben bonitiños! E as mensaxes deixadas tamén.

Ademais, xunto cos coles do concello, o CEIP de Caión e o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, fixemos un INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS co lema LARACHA LE! Foi moi chulo preparalos pero tamén recibir un agasallo doutros nenos e nenas que non estan tan lonxe de nós... Repetiremos tamén esta  colaboración sen dúbida! 

 Visitade tamén o blog da biblio de caión BIBLIOTECAIÓN: https://bibliotecaion.blogspot.com/2022/04/laracha-le-marcapaxinas-intercentros.html

Vémonos pronto! Agardamos que disfrutarades moito con todas as propostas!

Apertas!

luns, 2 de maio de 2022

Últimas novidades do curso

 Ola ola e novo biblipingueirxs!

Compartimos con vós as últimas novidades chegadas á biblioteca que van dende contos para os máis peques, lecturas entretidas para os medianos e novelas interesantes para os máis grandes, sen olvidarnos dos libros informartivos (tan necesarios para os nosos proxectos) e tamén cómic ou poesía. 

Clicade no enlace e poderedes consultalos!  Na biblio atoparédelos onde sempre, nas estanterías de "Novidades". 

Aínda quedan algúns libros nos nosos andeis pero vos esperan en setembro do próximo curso!

Agardamos os disfrutedes moito.

Apertas!

Lecturas en voz alta: mes de marzo

Ola ola! 

Compartimos as lecturas en voz alta do mes de marzo, exemplares escritos por mulleres, esta vez poesía e e teatro. 

O alumnado de 2ºB, Leia, Isaac, Julia, Tita e Nerea, leu “Las princesas también se tiran pedos”, de Illan Brenman



As nenas e nenas de 4ºB nos leron un fragmento teatral “Restaurante Farruco”, de Chus Pereiro. Son Gorka, Daniel I., Manuel, Iria, Daniel M., Valeria, Alba P., Sara R., Cristian, Nicole, Rodrigo, Lucía e Iago.


Os rapaces e rapazas de 5ºC leron dous actos de “Boas boites”, de Paula Carballeira. Son Roi, Julia, Iker A., Dani A. E Jairo. Paula tamén leu un poema de Gloria Fuertes.

Deica pronto!