domingo, 16 de xuño de 2024

Isto remata... FELIZ VERÁN!

Ola ola biblipingueirxs!

Pasámonos por aquí coa nosa derradeira publicación deste curso escolar.

Antes de pechar temos varias cousas que contarvos.

A primeira delas é que temos por aquí xa a versión online das nosas historias en BANDA DESEÑADA, a proposta creativa que se enviou ás aulas no mes de abril. Quedaron unhas historias ben chulas! Animámosvos a que as leades. En setembro teremos os exemplares físicos na nosa biblioteca!


Tamén temos que agradecer ao GRUPO DE ALUMNADO voluntario deste trimestre, algúns xa repetindo con nós por terceira vez. GRAZAS con maiúsculas aos nenos e nenas que en cada recreo nos axudan a que a biblio funcione mellor.


E xa, por último, compartimos con toda a nosa comunidade educativa, as nosas RECOMENDACIÓNS LECTORAS para este verán, pois xa sabedes que levar un libro con vós, é sempre unha das mellores compañías. Clickade para consultalas!


Agora si que si, despedímonos ata setembro, con grandes aprendizaxes no noso peto, con experiencias moi divertidas e con ganas tamén duns días de descanso para volver con moita enerxía. Que disfrutedes moito e feliz verán!

Unha aperta enorme do equipo de biblioteca =)

Ningún comentario:

Publicar un comentario