mércores, 20 de decembro de 2023

FELICES VACACIÓNS!

 BOAS DE NOVO!

Escribimos a nosa última entrada da bitácora deste trimestre e deste ano 2023. 

Só levamos un trimestre pero xa fixemos moitas cousas: actividades no espazo fedelleiro, lecturas en voz alta, a chegada de novidaes, coñecer libros de distinto tipo sobre as Olimpiadas e o Deporte, conmemorar o Día da discapacidade... pois non está mal!


Antes de despedirnos queríamos ensinarvos o resultado da proposta de traballo do Día das Bibliotecas. Facedes memoria? Consistía en preparar un pequeno traballo de investigación sobre as MASCOTAS OLÍMPICASEstán expostos na entrada da nosa biblio, non marchedes sen consultalos. Pronto vos pasaremos un enlace dixital para que os poidades consultar.


Tamén queremos compartir os CONTOS GAÑADORES DE NADAL, elaborados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria. Clickade na nosa canle de Ivoox para escoitalos:

Son 3:

O APALPADOR, de Andrea Varela de 5ºA.

UN AMIGO INESPERADO, de Sara Zurro de 6ºA.

UN DESESO BRILLANTE, de Alexia Jelihovski de 6ºC.



E como non podía ser doutra maneira, rematamos tamén este trimestre dando un GRAZAS ENORME ao alumnado voluntario que axuda cada día na biblioteca, sen vós non sería posible todo o traballo! Graciñas a todos e todas! 





Por último, como cada nadal, compartimos con vós unha chea de NOVIDADES LECTORAS que podedes pedir na vosas cartas a Papá Noel, o Apalpador e aos Reis Magos. Un conto ou libro sempre será un bo regalo!


Desfrutade destes días de descanso e das festas cos vosos seres queridos! En nada estamos de volta!

Apertas xigantescos =)



luns, 18 de decembro de 2023

Lecturas polo Nadal

 Ola de novo amigxs!

Estamos aquí para compartirvos as últimas lecturas antes de irnos de vacacións, esta vez con temática de Nadal. 

Estas foron as escollidas:


O alumnado de 2ºB leu LOS BESOS QUE SELLARON LAS CARTAS DE SANTA CLAUS, de Ana Moreno (Editorial Capitana Books), para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.  Nas fotos tedes a Navia, Rosalía, Quique, Leo, Mateo e Álvaro. 


Para o 2º ciclo, foi o alumnado de 3ºA o encargado de ler O APALPADOR E A NENA SEN MEDO, de Celtia Fifueiras (Guindastre Edicións). Eles e elas son Thomas, Bryton, Lucía, Carmen, Leo, Martina e Manuel. 



As nenas e nenos de 5ºA leron A SEÑORITA BUBBLE BAIXO CERO, de Ledicia Costas (da editorial Xerais) para o alumnado do 3º ciclo. Son Daniela, Gabriela, Paula, Julia, Alejandro e Andrea.



Grazas ao alumnado voluntario e tamén aos que viñestes escoitar!
Vémonos na próxima!

Unha aperta!


luns, 4 de decembro de 2023

Semana de visibilización das persoas con discapacidade

 Ola de novo a todx!

O pasado sábado 3 de decembro foi o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, unha data conmemorativa para poñer de relevancia unha sociedade inclusiva que respecte os dereitos e benestar das persoas con discapacidade. 

Dende a escola pretendemos que estes valores sexan o día a día e coas actividades plantexadas esta semana buscamos unha visibilidade activa que poña de manifesto a realidade. Na nosa biblio podedes encontrar contos e diversos libros sobre esta temática, aquí unha mostra:

Así, tendo en conto o noso PDI deste curso dos Xogos Olímpicos, convidamos a dous desportistas con discapacidade que falaron co alumnado e cos que puidemos manter unha breve entrevista na nosa radio. Nos días previos pedimos ao alumnado que investigase previamente sobre eles, proporcionando unhas breves biografías, e que pensaran en cousas que lles gustaría saber para poder facerlles esas preguntas. 

Primeiramente, MAURO RODRÍGUEZ BALIÑA, un mozo lugués todoterreo, con Síndrome de Down que compite en natación. 

Mauro estivo falando e contando a súa experiencia ao alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria. Ademais de adicarse á natación e ter innumerables medallas, é funcionario de Ordenanzas e forma parte da compañía de teatro "Pinchacarneiro", da fundación Anade. 

Clickade para escoitar a entrevista que fixo o alumnado de 1º e 2º, a súa primeira vez na radio e foi estupendamente:



Por outro lado, o venres recibimos a PACO BOEDO VÁZQUEZ, ou "Pucho" como o coñecen no mundo do Iudo. Pucho, agora xa retirado, adicou toda a súa vida deportiva a competir e entrenar na disciplina de Iudo Adaptado. Falounos da importancia da perseverancia, da estratexia e dunha adiación constante para conseguir grandes logros. Tivemos a sorte de poder ves as medallas olímpicas deste veciño coruñés!


Clickando no enlace podedes acceder a estupenda entrevista realizada pola representación do alumnado de 3º a 6º de Primaria. 



Aquí vos deixamos unhas breves biografías de ambos por se queredes saber máis. 

MAURO: https://drive.google.com/file/d/1UR8Yee8rM3LeqeEeF8WF-De9Fzpfg5cY/view?usp=sharing

PACO: https://drive.google.com/file/d/1a3YP2BXFs5hQT_rjxvIIH-5qzwMpAEE6/view?usp=sharing


O importante da visita destas dúas persoas vai moito máis alá que coñecer a súa realidade deportiva e de vida, pois son un claro exemplo de inclusión.  Ademais, a meta é clara: todo se pode facer. 

GRAZAS ENORMES a Mauro e Pucho por visitarnos e tamén ás persoas que os acompañaron e o fixeron posible.

Sempre teredes un oco no alumnado do Otero Pedrayo.

Deica pronto!

venres, 1 de decembro de 2023

25 N: Lecturas en voz alta

 Boas bibliopingueirxs!

Retomamos as LECTURAS EN VOZ ALTA este curso con motivo da conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o 25N. 

Nesta ocasión escolléronse libros relacionados co noso PDI "Xogos Olímpicos: valores de ouro", para resaltar a importancia da igualdade ante situacións discriminatorias. Estes foron os libros elexidos:


Para o alumnado de 1º ciclo e de Infantil leuse "Yo, alfonsina", de Joan Negrescolar, da editorial Thule. O alumnado de 2ºC foi o encargado de ler este álbum ilustrado: Uxía, Daniela, Kevin, Beatrice e Nuria. 


O libro "Un recorrido por los juegos olímpicos", de Vicente Muñoz, editorial Anaya. Leu o alumnado de 4ºC para o 2º ciclo. 


O alumnado de 3º ciclo escoitou "Elena Sirena. Sueños de auga", da nadadora olímpica Ona Carbonell (editorial Alfaguara). Leron Leyre, Aitor, Iago, Marta e Aroa, de 6ºA. 


Grazas ao alumnado voluntario e tamén a todas as nenas e nenos que viñeron escoitar. Esperámosvos na seguinte!




Compartimos tamén o enlace ao noso instragram do cole onde podedes ver a proposta colaborativa que fixemos con "valores de ouro". 

https://www.instagram.com/reel/C0CMEE-LkTA/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng%3D%3D


Vémonos pronto!

Apertas


luns, 6 de novembro de 2023

Olimpiadas Literarias

 Ola de novo! 

Como sabedes, tiñamos planificada unha gran SEMANA OLÍMPICA, pero pola mala previsión meteorolóxica tivemos que aplazar parte das propostas.

O que si puidemos levar a cabo foron as OLIMIPIADAS LITERARIAS, que constaron de 5 probas divertidas e que nos fixeron aprender moitas cousas! Cada grupo-aula tiña que conseguir superar as 5 estacións para conseguir un aro olímpico. Phyrge comprobaría cada plantilla para finalmente deixar un pequeno agasallo!

Estas eran os retos:

1. Sopas de letras deportivas

2. Robótica: guiar ao robot (Phyrge) ata a antorcha olímpica. O alumnado de 4º, 5º e 6º superou un scape room relacionado cos Xogos olímpicos.

3. Levantamento de libros.

4. Adiviña portadas: adaptado a cada idade, había que relacionar o título, frase ou fragmento cos libros e contos da temática do PDI. 

5. Relevo de antorchas.

Aquí vos compartimos un vídeo con algúns momentos do alumnado:

E como recompensa, Phryge deixou a cada aula un agasallo deportivo con unha infografía sobre o PDI.



Desde principio de mes contemos tamen con libros informativos, novelas e contos relacionados coa temática dos xogos olímpicos e que tanto o alumnado como o profesorado poden levar en préstamo.


Aproveitamos tamén para recordar as NORMAS da biblioteca e compartir con toda a comunidade o noso espazo.

Vémonos pronto con máis novidades.

Deica logo!

xoves, 19 de outubro de 2023

Voltamos! Comezamos este curso 2023/2024

 Ola ola ola!

Cantas ganas tiñamos xa de pasarnos por aquí! Como sabedes o noso percorrido do curso comeza co Día das Bibliotecas e, aínda que a nosa biblio xa leva aberta dende comezos de outubro, aproveitamos esta data sinalada para dar o pistoletazo de saída ao noso PDI, este curso máis axeitado se cabe.

O proxecto documental integrado deste curso é "XOGOS OLÍMPICOS: Valores de ouro". Ao longo destes meses mergurllarémonos nas Olimpiadas e na súa historia, nos deportes, nas súas mascotas, nos continentes... estades preparadxs para comezar?

Ramoniño dende logo si, aquí o tendes equipadísimo!!

Nos tamén estamos listxs e o facemos por todo o alto, coa SEMANA OLÍMPICA NO COLE!


Dende a Biblio queremos que participedes nas OLIMPIADAS LITERARIAS, aproveitando o inicio do curso escolar xunto co ano olímpico e tamén o Día das Bibliotecas, que se conmemora o 24 de outubro. 

Un saúdo e vémonos prontiño!

De momento ata a semana que vén, vémonos nas Olimpiadas Literarias!

xoves, 22 de xuño de 2023

Todo o bo se acaba... FELIZ VERÁN!

 Ola ola!

Agora si que si chegou o momento da despedida...

Dar primeiro as GRAZAS a todo o profesorado, ás familias e ao alumnado colaborador por seguir este curso apoiando á biblioteca nas súas propostas e camiñando con Ramoniño, que xa sabemos que non lle gusta nada aprender so =)

Despedimos ao último grupo de colaboradores e colaboradoras, grazas pola vosa axuda rapaces e rapazas! Para o ano máis e mellor =)


E como sempre, preparamos unhas NOVAS RECOMENDACIÓNS para que no verán sempre vaiades acompañadxs dun bo libro. Non digades que non é a mellor compañía...


Tamén vos mandamos a proposta dunha actividade para este verán: RECOMENDARNOS UN LIBRO! Podedes facelo en calquera momento con algún libro que vos guste, tanto pequenos como maiores. Aquí tendes as indicacións:

Deica pronto bibliopingueirxs! Desfrutade moito das vacacións e moi feliz verán!

APERTAS XIGANTESCOS!!!

Déixame que che conte: colorín colorado, este conto está rematado!

 Ola outra vez biblipingueirxs!

O curso xa está case por rematar e estamos a puntiño de pechar a nosa bitácora ata setembro, pero antes, faltábanos compartir os traballos e proxectos finais do alumnado en relación ao PDI literario deste curso "Déixame que che conte...". 

Aquí vos deixamos as distintas propostas:

INFANTIL

3 ANOS A: A eiruguiña comellona, historia no kamishibai.


3 ANOS B: A que sabe a Lúa?, historia con marionetas.


4 ANOS: As nenas e nenos deste nivel prepararon un museo de Arte espectacular, relacionado coa temática dos contos que traballaron e coa parte máis artísticas. Con respecto aos contos que traballaron, continuaron as versións das suas historias nun formato moi divertido e ademais recrearon portadas dos seus libros favoritos.


1 CICLO DE PRIMARIA

1ºA: Un huevo muy bueno, booktráiler.



1º B: Las rabietas de Lois, vídeo conto.


1ºC: Gigantosaurio, contando o conto.


As nenas e nenos de 2º A e 2º B, representaron as súas historias con marionetas. 

2ºA: Pinocho.


2ºB: El gato con botas.



2º CICLO DE PRIMARIA

3ºA: O mago de Oz, teatro.


3ºC: Hánsel e Gretel, teatro. 

VÍDEO PENDENTE


4ºB: 101 Dálmatas, pasapalabra interactivo.

 

4ºC: Caperucita Roja, historia no kamishibai.

3º CICLO DE PRIMARIA

O alumnado de 5º de Primaria preparaou distintos xogos de mesa relacionados cos libros escollidos. Aquí os podedes ver e estarán na biblio para xogar con eles:


5ºA: Sherlock, Lupin e Irene. Xogo de preguntas. 



5ºC: A folla azul, pasapalabra dixital sobre o libro.  



En 6º animáronse a usar a nosa radio e aquí tedes un podcast súper completo!

6ºD: Querido nadie, podcast (clicka enriba para escoitalo na nosa canle de ivoox).


Moitas grazas ás nenas e nenos polo seu traballo e adicación este curso, e aos profes por participar na proposta: fixestes auténticas marabillas! NORABOA POLO TRABALLAZO!

Agora podedes desfrutar de todo este material accedendo ao blogue e estará dispoñible na biblioteca no próximo curso. 

Vémonos pronto!