xoves, 18 de xuño de 2026

BO VERÁN!

Boas amiguiñas e amiguiños!

Acabou o curso, pero antes de despedirnos queremos agradecer aos colaboradores e colaboradoras deste terceiro trimestre a súa axuda. Grazas a elas a nosa biblio segue fa funcionar de xeito moi eficaz.

Compartimos tamén con vos as nosas recomendacions lectoras para este verán, cheas de novidades que estamos seguras de que vos encantarán. Toca na imaxe para consultar.

E sen máis, desexamosvos que pasedes un bo verán e que recarguedes enerxía para voltar con máis forza o próximo curso!

Unha aperta de todo o equipo de Bibliolaracha!


mércores, 17 de xuño de 2026

ACTIVIDADES SOBRE O PDI NA BIBLIO

Ola amiguiñxs! 

No segundo e terceiro trimestre,  dentro do marco do noso PDI: "Xuntos imos dar A volta ao mundo" e continuando co proposto no primeiro trimestre, organizouse un percorrido na biblioteca con catro  actividades que as aulas podían realizar en calquera momento. Eran catro os retos a facer: o xogo do pictonary con elementos dos países,  un xogo interactivo de curiosidades do mundo, un pasaporte lector no que tiñan qeu oclocar as portadas dos libros no pais correspondente e caracterizarse dun país e sacar unha foto.




Ate pronto!!



luns, 8 de xuño de 2026

EXPOSICIÓN FINAL DAS MALETAS

Ola ola!

Xa está dispoñible no hall do cole a exposición das maletas coas que etivemos traballando durante todo o curso. Encántame o resultado! A vós que vos parece?

 






OBRADOIROS DE ROBÓTICA

 Boas nenos e nenas!

Hoxe veño a contarvos a última actividade que fixemos na biblioteca. O alumnado de 3º e 5º de primaria puido desfrutar dun obradoiro de robótica, no que se lles presentaron diferentes retos. Os nenos e nenas de 3º empregaron o robot Photon e fixeron actividades relacionadas co seu país: Kenia e os de 5º empregaron o robobt VinciBot, e traballaron sobre Irlanda. 

 




Vémonos pronto!