martes, 18 de febreiro de 2020

ARTELLANDO COA IGUALDADE

POLA IGUALDADE... CANTAMOS TODXS

A semana pasada o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Primaria pasou un bo rato con "GEMOLA", unha contacontos e cómica que nos deleitou con historias e cancións sobre a Igualdade. 

Deixámosvos un pequeno resumo.

venres, 14 de febreiro de 2020

CONTA QUE CONTA

CONTACONTOS MÁIS QUE ANIMADO

A semana pasada o alumnado de 1º de primaria tiveron a sorte de disfrutar dun contacontos da man de Kalandraka, que ten libros e libros que nos encantan!

Os nenos e as nenas disfrutaron e quedaron abraiados con tantas historias e música!
Entre elas, contaron: 
O can de Milú
Froitas
Aínda nada?
A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella


Todos eles podedes levalos en préstamo na nosa biblio!
Aquí vos deixamos unhas fotiños do evento! 






mércores, 12 de febreiro de 2020

Novidades de febreiro

Temos libros novos na biblioteca. Están no expositor de novidades. Hai unha ampla variedade.


Libros de narrativa para diferentes idades:





Libros de ciencias:





Libros en inglés:



martes, 4 de febreiro de 2020

LECTURAS DA PAZ

"A PAZ COMEZA CUN SORRISO..."

O xoves pasado puidemos desfrutar das lecturas de historias do Día da Paz.

Érica e Diego contáronnos "UN CAN E UN CATO", de Paula Carbonell (OQO editora).

Leire, Irene e Noa e  leron "HOY NO JUEGAS", de Pilar Serrano (NubeOcho).

Lara, Estefanía, Hugo e Daniela "O LÁPIZ MÁXICO DE MALALA", de Malala Yousafzai (Xerais). 

Gustaron un montón! Invitámosvos a que veñades pola biblioteca a descubrir estes e outros exemplares relacionados coa paz, a non violencia, a tolerancia e o respecto.