venres, 30 de outubro de 2020

Agasallo LECTOR

 E por fin, o alumnado comezou a recoller o seu agasallo: 

UNHA CAIXA DE LIBROS PARA CADA AULA.


Como vos contábamos, este ano, aínda contando co préstamo habitual, consideramos que sería positivo, ademais dos préstamos que xa a titora podía levar para a aula, ter algúns exemplares máis para poder disfrutar deles con seguridade e mantendo o grupo-aula. 

Polo que se decidiu organizar esta "Caixa lectora" que irá rotando por cada nivel nos trimestres do curso.

A nosa biblioteca quedou "medio baleira" pero todo sexa por dar recursos ó noso alumnado. Ademais pronto contaremos con máis exemplares para poder levar en préstamo!

Esperamos que a disfrutedes nenas e nenos, xa que Ramoniño esforzouse moito en escoller libros, contos e material informativo para vós! 

Unha aperta!



xoves, 29 de outubro de 2020

 Boas de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!

Para estes días que chegan aquí temos as RECOMENDACIÓNS TERRORÍFICAS que nos fixestes chegar nestas semanas!

 Moitísimas grazas por participar! Sen vós non sería posible =) 

Con estes contos, libros e películas podemos pasar uns "días de medo" xeniais!

Picade no vídeo para poder velo.

Vémonos na próxima!

FELIZ FIN DE SEMANA!


martes, 27 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas no Otero Pedrayo

Ola de novo!

Este ano, como sabedes, hai moitas limitacións pero non queríamos deixar de celebrar o "Día das Bibliotecas" dun xeito especial.

Aínda que este curso seguimos coa posibilidade de préstamo, Ramoniño e o equipo de Biblioteca quería facer un agasallo especial ós nosos nenos e nenas... E tras un xogo de pistas con códigos QR descubriron onde recoller o agasallo: na BIBLIOTECA. 

Deixámosvos aquí os vídeos das pistas para que os vexades! 

Entre mañá mércores e xoves podedes vir recoller ese agasallo que vos espera! 

E xa vos ensinaremos por aquí de que se trataba...

Un afectuoso saúdo!


venres, 16 de outubro de 2020

RECOMENDACIÓNS TERRORÍFICAS

 

Ola nenas e nenos do Otero Pedrayo!

Aproveitando que pronto chega o día Das Bibliotecas, 25 de outubro, no que temos preparada algunha sorpresiña… comezamos este mes de outubro cunha actividade que seguro que vos gusta!  

Como fixemos durante o confinamento no curso pasado, queremos que nos mandades as vosas RECOMENDACIÓNS LECTORAS E DE PELÍCULAS para esta época do Samaín e do Magosto. 
Podedes recomendarnos algún cómic, película, conto ou novela que teña de temática o medo, de terror, suspense ou as tradicións destas datas. 

Podedes facelo na CASA ou pedir axuda á vosa titora. 
Animádesvos a participar?? 

Mandádenos ao correo da biblioteca bibliolaracha@gmail.com as vosas RECOMENDACIÓNS en formato vídeo ou foto
con NOME, APELIDOS E CURSO!  


Tedes ata o MÉRCORES 28 para mandalo!
Esperamos as vosas recomendacións! =) 

Deixámosmos aquí o vídeo explicativo!
Saúdos! 

O equipo de Bibiblioteca =)





mércores, 14 de outubro de 2020

Uso da Biblioteca

 OLA OLA!!

Boas lectores e lectoras, deixamosvos por aquí o noso 

Protocolo de aceso a Biblioteca para este curso.

Desde o equipo estamos organizando e propostas para que poidades disfrutar deste espazo sempre seguindo as restricións sanitarias establecidas e medidas de seguridade.

Vémonos pronto!


xoves, 8 de outubro de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

 

Boas de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!!

Xa comezou OUTUBRO pero este ano temos Biblioteca a medio preparar, dadas as limitacións coas que contamos polo COVID-19. 

Pero temos unha boa nova... o xuño pasado fomos aceptados na convocatoria da Consellería do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares)!!

Isto significa que pronto ampliaremos o espazo da nosa biblioteca, con máis recursos e actividades para vós! O final trátase de que sexa o alumnado quen lle saque partido á biblioteca e a todos os recursos que temos.

Gustaríanos facer moito máis do que podemos polas restriccións, pero aínda así vimos cargad@s de moitas ganas, ilusión e cousiñas novas! 


Pronto vos contaremos!

Estade atentas e atentos ó Día das Bibliotecas, o 24 de outubro

Será esa semana cando saberedes un pouco máis.

Ata pronto!