sábado, 17 de marzo de 2018

Letras Galegas 2018

Como seguro sabes, o Día das Letras Galegas deste ano estará adicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Vázquez.
Aquí podes ver o que publicou a Real Academia Galega no seu Twitter en xuño do ano pasado.

Se queres ampliar a túa información sobre esta autora podes consultar o seguinte enlace:
Mª Victoria Moreno, RAG

Segundo se publica na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, "está prevista unha exposición central conmemorativa itinerante “María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes” -comisariada polo ilustrador e humorista gráfico David Pintor- que percorrerá 11 concellos das catro provincias para darlle a coñecer ao público xeral a obra literaria e a figura de Moreno."
Esta mostra se iniciará na última semana de abril en Santiago e estará na Coruña. "Está configurada como unha galería de retratos de personaxes dos libros da autora e de paisaxes onde María Victoria Moreno situou as historias das súas obras."
Para máis información sobre os actos de conmemoración dese día podes consultar www.edu.xunta.gal

martes, 13 de marzo de 2018

"El pez arcoiris" vai a infantil

Os días 27 e 28 de febreiro e o 1 de marzo un grupo de nenas de 4ºA foron a lerlles "El pez arcoiris" aos peques do colexio. As encargadas das lecturas foron Anaís, Natalia, Claudia, Uxía, Paula, Sofía, Celia, Lira e Valeria. Fixérono moi ben e aos peques encantoulles o libro que lles levaron, sobre todo aos da aula dos peixiños. Gracias ás lectoras.






mércores, 7 de marzo de 2018

Día da muller traballadora, 8 de marzo

                             
Desde a biblioteca tamén queremos conmemorar o "Día da muller traballadora". 
Parabéns a todas as mulleres.
Na literatura sempre estiveron presentes as mulleres e hai moitos libros adicados a elas ou nos que se trata o tema da igualdade de xéneros. Aquí vos deixamos algúns títulos por se vos interesan.

             

                     

                        

    





martes, 6 de marzo de 2018

Marzo, o mes da poesía

Desde a biblioteca adicamos o mes de marzo á poesía. Por iso a exposición de libros deste mes é de libros de poesía. Animádevos e vide a buscar un.