martes, 22 de novembro de 2016

O recreo máis terrorífico

O venres 11 de novembro, realizamos a primeira sesión de lectura do curso e tamén a primeira dende que inauguramos a ampliación da biblioteca. Para que non o sepades, as sesións de lecturas é unha actividade que se ven realizando dende hai moitos anos no centro, ten moito éxito de participación e de público. A sesión empeza coa presentación de voluntarios, estes teñen que ensair durante os recreos cunha mestra do equipo de biblioteca as lecturas que escolleron. As lecturas que escolleron para esta ocasión eran historias de medo.


Iria e Marta de 5º escolleron unha adaptación de Perrault do conto "Barbazul". Alesssia de 4º púxonos o día sobre os vampiros empregando o libro "Vampiro" de Alice Petigny. A sorpresa púxerona Yamín, Icía, Micaela, Dario e Eva que nos puxeron os pelos de punta, cunha historia de terror de creación propia: " O circo posuído". O rematar, cada un recibiu o seu marcapáxinas conmemorativo da sesión.



Se queredes ver de novo o que fixemos na sesión tedes aquí o vídeo da sesión, esperamos que os guste e que os animedes a seguir vindo. En decembro teremos unha Sesión de Contos de Nadal, así que xa sabedes, vinde a gozar das lecturas máis navideñas contadas polos vosos compañeiros e compañeiras.


venres, 11 de novembro de 2016

Novidades de novembro

Ola bibliopingas, estámos a sacar para diante as novidades e este mes de novembro vimos cargadas delas. Os lectores e lectoras de Infantil teredes que esperar un pouco que aínda non rematamos de rexistrar os vosos, os pedimos paciencia.

Dentro das novidades temos un pouco de todo: hai misterio, aventuras, humor, surrealismo e medo. Podedes atopar autores comos Jordi Sierra i Fabra, adaptacións de Mary Shelley, Jules Verne, Stevenson, Mark Twain, Cervantes... Ampliamos a colección de Geronimo Stilton e damos a benvida a Bat Pat e as súas tenebrosas aventuras. Como veredes tamén contamos cunha

Imos realizar un repaso polas príncipais novidades que tedes a man dende hoxe na biblioteca.

Para os primeiros lectores temos uns bellos libros ilustrados que son a adaptación de dous clásicos. "20.000 leguas baixo dos mares" de Jules Verne e "A Illa do Tesouro" de Robert Louis Stevenson. Dous clásicos da literatura xuvenil, ilustrados e escritos para os primeiros lectores.




Geronimo Stilton:




Geronimo volve con máis aventuras cos seus amigos, Tea, Trampita e Benjamín, en Ratonia, na Illa dos Ratos. Viviredes novas aventuras deste simpático e despistado rato.

- La excursión a las cataratas del Niágara.

- ¡No soy un superratón!

- El misterio de la perla gigante.

- El tesoro de las Colinas Negras.

- El secreto del lago desaparecido.

- El templo del rubí de fuego.

- El extraño caso del tiramisú.

- El extraño caso del ratón que desafina.

- El valle de los esqueletos gigantes.

- El misterio de los elfos.

- Gerónimo busca casa.

- El robo del diamante gigante.

- El maratón más loco.

- El misterioso caso de los Juegos Olímpicos.

- A las ocho en punto... ¡clase de quesos!


Bat Pat:


Bat Pat é un morcego que lle encantan os pasteis de mosquitos, pero ten algo de medo, aínda así, resolve misterios coa axuda dos seus amigos e amigas.

- El monstruo de las cloacas.

- El pirata Dientedeoro.

- La abuela de Tutankamón.

- Brujas a medianoche.

- ¡Hombrecillos verdes al poder!


"Una [estupenda] historia de dragones y princesas [... más o menos]" de Jordi Sierra i Fabra.

Neste libro Jordi Sierra i Fabra conta a historia dun reino, con cabaleiros, armaduras, onde Ezael tratará de salvar a unha princesa das poutas dun dragón, pero... terá éxito?



Seguimos con Jordi Sierra i Fabra, que nos propón unha serie de misteriosos asesinatos de profesores, teredes que investigar e colaborar cos personaxes parar resolver os misterios.



- El asesinato del profesor de música.

- El asesinato del profesor de lengua.

- 3l 4s3s1n4t0 d3l pr0f3s0r d3 m4t3m4t1c4s


"La verdadera historia de la mosca de la tele" de María Solar e ilustrado por Fran Collado. Nesta historia coñeceremos a famosa mosca que se adica a molestar aos presentadores da tele, a a compañaremos na viaxe que realizará en avión a Cuba e outras aventuras.



"Memorias de una gallina", de Concha López e ilustrado por Juan Ramón Alonso. Un conto que nos fala de Carolina, unha galiña inconformista e que pon en dúbida as normas establecidas.



"Cuando el mundo era joven todavía" de Jürg Schubiger. Libro de relatos, para xente pequena e non tan pequena. Encontraredes humor, surrealismo e unha visión distina do mundo que nos rodea.



"Animales que hacen cosas en silencio" de Lolita Bosh e ilustrado por Rebeca Luciani. Non todo van a ser novidades en narrativa, aquí tedes un poema surrealista e colorido con animais moi variopintos.



Clásicos adaptados:

Tedes a vosa disposición unha serie de clásicos adaptados, veredes o clásico do terror Frankestein, un clásico de Cervantes e un clásico de misterio. Tamén viviredes as aventuras do famoso Tom Sawyer no famoso río Misisipi.




- "Frankestein o el moderno Prometeo" de Mary Shelley, adaptación de David Montserrat.

- "La gitanilla" de Miguel de Cervantes, adaptado por Jesús Ballaz.

- "Las aventuras de Tom Sawyer"de Mark Twain, adaptado por M. ÁNgeles Rubio.

- "El misterio del cuarto amarillo" de Gaston Leroux, adaptado por David Fernández.


Creamos unha Hemeroteca e para estreala traemos dúas grandes revistas:




O Papagaio: xornal en galego con novidades e noticias que os poden interesar e moi divertidas. Podedes ver un número premendo na imaxe.


National Geographic Kids: versión para os máis "peques" da revista do mesmo título. Atoparedes artigos sobre animáis, ciencia e o mundo que nos rodea.



Seguro que estas novidades son do voso gusto e non dubidedes en acudir a biblioteca. Esperámosvos