domingo, 12 de maio de 2024

Actividades no mes do libro

 Ola de novo!

Neste mes de ABRIL, no MES DO LIBRO, ademais das lecturas en voz alta, recomendacións lectoras e a nosa proposta creativa de banda deseñada que se compartiu a principios de mes, na nosa biblioteca propuxemos desfrutar un anaquiño cunha actividade de estacións de xogo. 

As estacións de xogo están relacionadas coa temática do noso PDI este curso "Os xogos olímpicos" e tamén coa banda deseñada. As actividades eran as seguintes, adaptadas aos distintos niveis:

- Estación 1: CREANDO HISTORIAS. Ordenar secuencia de cómic ou crear a propia historia.

- Estación 2: ROBÓTICA. Descubrir as palabras secretas nos taboleiros.

- Estación 3: ACTIVIDADES INTERACTIVAS. Nas tablets ou na PDI. 

- Estación 4: MEMORY DEPORTIVO.

- Estación 5:  SALTO DE VALLAS no exterior da biblioteca.


Aquí podedes ver un resumo da participación do alumnado. Esperamos que o pasarades tan ben coma nós pensando as actividades.

Ata pronto!

-


Ningún comentario:

Publicar un comentario