luns, 21 de decembro de 2020
Ata o próximo ano!
domingo, 20 de decembro de 2020
Lecturas de Nadal
Ola de novo!
Imos xa rematando este trimestre pero non podían faltar as nosas lecturas habituais en voz alta.
Como sabedes, este curso, son gravadas pero eso significa que podemos desfrutalas cantas veces queiramos.Aquí vos deixamos os enlaces ós distintos vídeos. Esperamos que vos gusten!
Martina, Andrea, Simón e Bruno de 2ºC len "Sueños de nieve", un clásico de Eric Carle.
Mario, Carlota, Jimena e Xián de 2ºB len "Cómo esconder a un léon en Navidad", de Helen Stephens.
De 4º A, Pedro C., Martina, Óliver e Ángela len un fragmento de "O apalpador e o tesouro dos mouros", de Fernando Cimadevila.
Estade atent@s... publicaremos a nosa felicitación en LSE moi prontiño!
Saúdos
xoves, 17 de decembro de 2020
Recomendacións para o NADAL
Ola de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!
Como estades?
Nestlé curso tan atípico, xa case sen enterarnos chegamos ao Nadal e en nada estamos de vacacións.
E para estas datas que mellor agasallo que un libro?
Ou por que non pedirllo a Papá Noel, ó Apalpador ou ós Reis Magos?
Dende o equipo de biblioteca queremos deixarvos unhas recomendacións, esperamos que vos gusten! Xa nos contaredes que tal!
Podedes deixarnos un comentario nesta entrada do blog ou mandarnos un email (bibliolaracha@gmail.com) contándonos que vos pareceron.
Nestes días próximos colgaremos tamén as "Lecturas de Nadal" que fixeron algúns compis e tamén a nosa felicitación en LSE.
Vémonos pronto =)
martes, 1 de decembro de 2020
Día da Discapacidade: Un día para todxs
Ola ola!
O próximo xoves día 3 de decembro, é o Día internacional das persoas con discapacidade, un día, que non debería sinalarse en ningún calendario, pero que aínda o facemos para lograr unha inclusión real.
Dende a nosa biblioteca queremos propoñervos unha serie de recursos para facer visible esta problemática, e seguindo o lema de OMS, "Un día para todxs", poñer o noso gran de area.
Porque con discapacidade ou sen ela, todos e todas somos moi capaces... e vós, as nenas e nenos, moito máis. Na nosa man está poñer as medidas para que todas as persoas poidan aprender, dun xeito ou outro.
Na biblioteca podedes encontrar algúns exemplares con protagonistas con discapacidade como estes:
Neste caso, quixemos centrarnos na DISCAPACIDADE AUDITIVA.
Aquí tedes as PROPOSTAS:
1. Invitámosvos a VISUALIZAR os seguintes vídeos e debatir sobre eles na aula o día 3.
Para INFANTIL, 1º e 2º de Primaria:
conto signado "¿A que sabe la Luna?", de kalandraka.
Para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria: POESÍA
Que es poesía? Dices mientras clavas... Gustavo Adolfo Bécquer
Negra sombra, Rosalía de Casto
(texto: https://www.casavaria.com/gal/castro-sombra.htm)
La poesía, Pablo Neruda
(texto: https://www.neruda.uchile.cl/obra/obramemorial1.html)
Como vos sentides?
Como pensades que se sinten e entenden as persoas con discapacidade auditiva?
Como pensades que se sinten no cole? E como aprenden?
Desde o equipo de Biblio podemos axudarvos e podedes empregar esta app para dúbidas.
Con todos estes desexos faremos unha montaxe para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa. Porque sexamos oíntes ou non podemos falar... ou non?
Animádesvos a participar? Tedes ata o MÉRCORES 16 de DECEMBRO para facelo.
Deixásmovos outros ENLACES DE INTERESE para que sigades investigando sobre a discapacidade:
Guía ilustrada sobre diversidade e discapacidade: https://issuu.com/anundis/docs/diferentes-_gu__a_ilustrada_sobre_l
Páxina web recursos: https://www.cnse.es/lseaula/index.php
CORTOS
TAMARA, nena sorda que quería ser bailarina. (Todos os públicos)
Ian, neno en cadeira de rodas. (Todos os públicos): https://www.youtube.com/watch?v=OHma93eZiBY
El sueño de Pedro, Integración persoas con discapacidade auditiva (4º, 5º e 6º):
Discapacidade visual (Todos os públicos): https://www.youtube.com/watch?v=63S7mi3fM-I&list=PL-Hecz6A7VqsBO4CurUs4vHVyJjCnDZ58&index=3
Discapacidade física (últimos cursos): https://www.youtube.com/watch?v=kqCYrw-yu2U&list=PL-Hecz6A7VqsBO4CurUs4vHVyJjCnDZ58&index=13
CONTOS
Óliver y sus audífonos:
*Enlace a conto: https://issuu.com/audiopacks/docs/oliver_y_sus_audifonos
El cazo de Lorenzo, discapacidad xeral (Todos os públicos)
Hasta que podamos abrazarnos (LSE)
Feliz semana!
sábado, 28 de novembro de 2020
Lecturas "Día contra a violencia de xénero"
Boas amigas e amigos do Otero Pedrayo!
Hoxe queremos deixarvos a lectura dos libros seleccionados como parte da nosa conmemoración "Contra a violencia de xénero", pois lendo tamén se aprende a igualdade.
Agradecer a participación do alumnado de Primaria.
Pois aínda que este curso ten que ser de xeito gravado, unha gran parte dos nenos e nenas se apuntaron! Así que os iredes vendo por aquí. Graciñas!
Temos que pedir disculpas pola tardanza das publicacións, xa que tiremos problemas técnicos.
RUBÉN, NOA, SOFÍA e SERGIO de 2 C, leron "DANIELA PIRATA", de Susama Isern.
LARA, MARCO, ANTÓN e ALEXIA de 3ºB, leron "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES", de Adela Turín e Nella Bosnia.
(Todos os públicos, axeitado a partir de 1º).
VALERIA, CLAUDIA, IAGO e DANIEL de 3ºA leron "UNHA FELIZ CATÁSTROFE", de Adela Turín e Nella Bosnia.
(Todos os públicos, axeitado a partir de 2º).
NOA, DANIELA, DIEGO e TEO de 4ºB, leron "Xela volveuse vampira!!" de Fina Casalderrey, ilustrado por Noemí López.
(Para 4º, 5º e 6º de Primaria)
Esperamos que disfrutedes.
Vémonos pronto! =)
martes, 24 de novembro de 2020
CONTRA A VIOLENCIA: DICIMOS NON
Boas de novo lectoras e lectores!
Estas son os libros que escollemos para facer as lecturas sobre coeducación, para conmemorar o "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".
O noso gran de area nesta semana é contribuir con lecturas que destaquen valores de igualdade, de respecto dos dereitos, de que ninguén ten dereito a borrar o noso sorriso.
Porque desde o noso cole implicámonos contra a violencia de xénero, e desde a nosa biblio tamén.
Apoiamos esta iniciativa do Concello participando na proposta "Xanelas" que poderedes ver na web do cole.
Non é non!
Nestes próximos días subiremos as lecturas ó blogue para que poidades disfrutar das lecturas unha e outra vez!
Ata pronto!
luns, 16 de novembro de 2020
LECTURAS NA BIBLIO
Bo día de LUNS familia lectora!
Hoxe queremos recordarvos que podedes apuntarvos para participar nas sesións de LECTURAS temáticas que facemos cada mes no cole.
Este mes adicaremos a sesión a reivindicar a igualdade e loitar, con palabras, contra a violencia de xénero.
Se queredes participar decídello á vosa titora e apuntarémosvos para participar.
Como vos dixemos, este ano temos outras condicións, pero gustaríanos que participarades igualmente:
Preguntade á vosa titora e apuntádevos! =)
Feliz semana!
venres, 30 de outubro de 2020
Agasallo LECTOR
E por fin, o alumnado comezou a recoller o seu agasallo:
UNHA CAIXA DE LIBROS PARA CADA AULA.
Como vos contábamos, este ano, aínda contando co préstamo habitual, consideramos que sería positivo, ademais dos préstamos que xa a titora podía levar para a aula, ter algúns exemplares máis para poder disfrutar deles con seguridade e mantendo o grupo-aula.
Polo que se decidiu organizar esta "Caixa lectora" que irá rotando por cada nivel nos trimestres do curso.
A nosa biblioteca quedou "medio baleira" pero todo sexa por dar recursos ó noso alumnado. Ademais pronto contaremos con máis exemplares para poder levar en préstamo!
Esperamos que a disfrutedes nenas e nenos, xa que Ramoniño esforzouse moito en escoller libros, contos e material informativo para vós!
Unha aperta!
xoves, 29 de outubro de 2020
Boas de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!
Para estes días que chegan aquí temos as RECOMENDACIÓNS TERRORÍFICAS que nos fixestes chegar nestas semanas!
Moitísimas grazas por participar! Sen vós non sería posible =)Con estes contos, libros e películas podemos pasar uns "días de medo" xeniais!
Picade no vídeo para poder velo.
Vémonos na próxima!
FELIZ FIN DE SEMANA!
martes, 27 de outubro de 2020
Día das Bibliotecas no Otero Pedrayo
Ola de novo!
Este ano, como sabedes, hai moitas limitacións pero non queríamos deixar de celebrar o "Día das Bibliotecas" dun xeito especial.
Aínda que este curso seguimos coa posibilidade de préstamo, Ramoniño e o equipo de Biblioteca quería facer un agasallo especial ós nosos nenos e nenas... E tras un xogo de pistas con códigos QR descubriron onde recoller o agasallo: na BIBLIOTECA.
Deixámosvos aquí os vídeos das pistas para que os vexades!
Entre mañá mércores e xoves podedes vir recoller ese agasallo que vos espera!
E xa vos ensinaremos por aquí de que se trataba...
Un afectuoso saúdo!
venres, 16 de outubro de 2020
RECOMENDACIÓNS TERRORÍFICAS
mércores, 14 de outubro de 2020
Uso da Biblioteca
OLA OLA!!
Boas lectores e lectoras, deixamosvos por aquí o noso
Protocolo de aceso a Biblioteca para este curso.
Desde o equipo estamos organizando e propostas para que poidades disfrutar deste espazo sempre seguindo as restricións sanitarias establecidas e medidas de seguridade.
Vémonos pronto!
xoves, 8 de outubro de 2020
XA ESTAMOS DE VOLTA!
Boas de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!!
Xa comezou OUTUBRO pero este ano temos Biblioteca a medio preparar, dadas as limitacións coas que contamos polo COVID-19.
Pero temos unha boa nova... o xuño pasado fomos aceptados na convocatoria da Consellería do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares)!!
Isto significa que pronto ampliaremos o espazo da nosa biblioteca, con máis recursos e actividades para vós! O final trátase de que sexa o alumnado quen lle saque partido á biblioteca e a todos os recursos que temos.
Gustaríanos facer moito máis do que podemos polas restriccións, pero aínda así vimos cargad@s de moitas ganas, ilusión e cousiñas novas!
Pronto vos contaremos!
Estade atentas e atentos ó Día das Bibliotecas, o 24 de outubro.
Será esa semana cando saberedes un pouco máis.
Ata pronto!
martes, 30 de xuño de 2020
ATA SETEMBRO!
venres, 19 de xuño de 2020
Recomendacións Lectoras Verán 2020
xoves, 18 de xuño de 2020
Imitando CONTOS...
venres, 5 de xuño de 2020
Queremos emocionARTE!
Ola de novo nenos e nenas do Otero Pedrayo!
Xa sabedes que durante este curso, Ramoniño propúxonos aprender sobre o ARTE...
O Covid-19 fixo que deixaramos este proxecto un pouco de lado pero, para rematar o curso, queremos presentarvos estas PROPOSTAS sobre a ARTE.
Pode participar todo o alumnado de Infantil e Primaria, profes e tamén familias.
Por iso queremos motivARTE, animARTE, debuxArte e emocionARTE!
E sen olvidarnos de ler (pronto vos deixaremos unhas recomendacións lectoras...) gustaríanos que escollerades un conto ou libro e imitarades a súa portada.
Animámosvos a que participedes!
Neste vídeo explicamos como:
Deixámosvos tamén as indicacións:
Tedes aquí un par de exemplos:
Esperamos as vosas fotos!
Non olvidedes mandalas como data límite o 15 de xuño!
Unha aperta enormísimo!
xoves, 28 de maio de 2020
Entrevista a ÉRICA ESMORÍS
martes, 26 de maio de 2020
As "NOSAS PITAS" baixo a choiva
luns, 25 de maio de 2020
Marcapáxinas Letras Galegas 2020
venres, 22 de maio de 2020
Os contos populares da Laracha
luns, 18 de maio de 2020
UN CÓMIC MOI ESPECIAL
Xa na semana pasada vos fomos poñendo enlaces, actividades e máis cousiñas para consultar e disfrutar...
Así que esta semana imos ir presentando todo o que nos mandastes e homenaxear así a nosa lingua.