luns, 28 de marzo de 2022

PDI "Galicia Meiga": Santiago de Compostela

 Novo mes, nova parada!

Comezou a primavera e Ramoniño continúa a súa viaxe por "Galicia Meiga". 

Nesta ocasión desprázase ata Santiago de Compostela. Queredes saber algunha cousiña?

Cickade e descubride!


Estes son exemplares que podedes encontrar na biblio sobre a temática do Camiño de Santiago:

Ata pronto!

domingo, 27 de marzo de 2022

Na RADIO: Mes da Muller

 Boas de novo biblipingueiros e biblipingueiras!

A nosa RADIO sigue funcionando e esta vez con motivo do DÍA DA MULLER, 8 de marzo

Como o día cadrou tan próximo ó Entroido tivemos que retrasar a nosa proposta pero aquí a temos. En relación co noso proxecto "GALICIA MEIGA", o alumnado de 6º realizou dúas entrevistas a dúas mulleres da nosa vila, pois queríamos poñer en valor o seu traballo. 

ANA fai traxes tradicionais galegos, (a súa tenda é "Na Ristra"). Os nosos reporteiros e reporteiras fixéronlle a entrevista vía telefónica xa que non podía acudir ó cole. Aquí podedes ver algúns dos seus preciosos traxes.


    LOLA é agricultora, traballa en invernadoiros no noso concello, plantando tomates, pementos ou leitugas. Ademais a súa neta está no noso cole. Aquí a vedes mans á obra!

Para saber máis escoita o noso programa na nosa canle de ivoox no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/84442757

Aquí podedes ver ao alumnado, falando con Ana por teléfono e tamén en compañia de Lola: 

Agardamos que vos guste e descubrades estas dúas historias de mulleres da nosa contorna.

Gracias Lola e Ana por participar!
Unha aperta!

xoves, 24 de marzo de 2022

Pola visibilidade: Día do Autismo

Ola de novo!

Sabíades que...? O próximo 2 de abril é o Día Mundial de concienciación sobre o autismo.

O autismo ou TEA (trastorno de espectro autista) é unha condición da persoa, non se “padece” nin é unha enfermidade.  É dicir, as persoas TEA teñen características concretas coa que viven, ao igual que se ten o pelo marrón, os ollos verdes ou falta unha perna.  Sobre todo, afectan a como ven o mundo e a forma distinta na que aprenden.

Pinchade neste interesante vídeo no que o explica moi ben:

Versión orixinal: https://mundoasperger.com/el-autismo-explicado-para-ninos-video/


Vos deixamos outros enlaces de interese por se queredes saber máis:

https://www.youtube.com/watch?app=desktop&v=DhcYsJm-Dic

https://diamundialautismo.com/

https://www.espacioautismo.com/

https://www.biblogtecarios.es/davidgomez/concienciando-sobre-el-autismo-desde-las-bibliotecas/


Para o alumnado máis maior deixamos uns tráilers con ideas de películas para ver:

EL FARO DE LAS ORCAS: https://www.youtube.com/watch?v=dTV7UbA_QB8

ESPECIALES: https://www.youtube.com/watch?v=0J32OjoWk-0

ATÍPICO (serie Netflix): https://www.youtube.com/watch?v=3qNkNtjGtEU

E aquí algunhas CURTAMETRAXES máis para TODOS OS PÚBLICOS para comprender e reflexionar:




Para dar visibilidade ao TEA na biblio contamos con algúns exemplares sobre diversidade e sobre o autismo que podedes descubrir. Aquí os tedes:

Tamén temos algunhas versións editados en BETA, con pictogramas que facilitan a lectura.

Por último, en colaboración co equipo de actividades complementarias, e no que tamén participan o CEIP de CAIÓN e o CEIP ALFREDO BRAÑAS, de Paiosaco, invitámosvos a participar nunca breve actividade de visibilización que consiste no seguinte: 

Esperámosvos!


martes, 15 de marzo de 2022

Novidades lectoras na biblio (marzo 2022)

 Voltamos con unha chea de libros novos para vós: cómics, libros informativos, contos, relatos curtos... 

Pinchade no enlace e os podedes ver todiños!

E recordade que os tedes na biblio nas estanterías sinaladas coas Novidades

Agardamos vos gusten!

Apertas

domingo, 13 de marzo de 2022

Mochilas temáticas cos seus "viaxantes"

Boas de novo amigos e amigas!
Queríamos deixar por aquí o alumnado que está disfrutando das mochilas temáticas viaxeiras, destinadas a 3º e 4º de Primaria, que están tendo éxito e a lista de espera aínda non rematou!

Seguiremos informando! Moi pronto cun "novo" espazo na nosa biblio... 

Izan, de 3ºA, Sofía de 3ºB e Arianna de 3ºC.

De 4ºB, Carlos; de 4ºA, Aroa e de 4º C Diego.

Tamén Jimena de 3ºA, Mía de 3ºB e Noa de 3ºC. 

De de 4ºC, César e de 4ºA, Leyra.


De 3ºA, Gorka; de 3ºB Leo e de 3ºC Julia. 

Sara de 4ºA, Julia de 4ºB e Lara de 4ºC. 

De 3ºA Marco, de 3ºB Julia e de 3ºC Andrea.


De 4ºA, Marta Cameán, de 4ºB Sara e de 4ºC, Laura Calvo


Saúdos!



Contacontos con Paco Nogueiras

 Ola ola de novo!

Pouco a pouco imos recuperando a normalidade e que ben senta. Dende a semana pasada xa volvemos ter os nosos recreos por nivel para disfrutar da biblio e iso agradécese!

E esta venres tamén volvemos ás "propostas presenciais", pois contamos cunha actuación de contacontos do noso querido Paco Nogueiras

Os peques de 5º de Infantil puideron disfutrar dunha sesión musical de contacontos, nos que reviviron contos xa coñecidos como Quen é ese becho?,  Animais ou Elmer, da editorial Kalandraka. 

Ademais Paco agasallounos cunhas dedicatorias nos seus libros que temos na nosa biblio!

Que ben o pasaron!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo: 

Pronto máis cousiñas!

Apertas