domingo, 20 de xuño de 2021

Recomendacións lectoras para este verán!

 Ola de novo bibliolectores/as!

Este curso vai chegando o seu fin e non podíamos despedirnos sen recomendarvos un compañeiro de viaxe para este verán: un libro!

Animádesvos a descubrilos?

Compartimos pois estas recomendacións lectoras con títulos recentes para que descubrades novo vocabulario, desenvolvades a vosa imaxinación, coñezades personaxes curiosas que se convirtan en amigos e exploredes novos mundos.







Agardamos que encontredes unha boa historia que recordar!

Podedes compartir as vosas experiencias nas redes sociais etiquetándonos na nosa conta de Instagram (@bibliolaracha) ou enviarnos se queredes a bibliolaracha@gmail.com

Dende o Equipo de Biblioteca xa nos despedimos ata o próximo curso, desexándovos unhas felices vacacións e descanso (que ben o merecedes)! Nós tamén o precisamos e volveremos en setembro con moitísima enerxía e moitas propostas novas que seguro vos gustarán!  

Deica pronto e FELIZ VERÁN!!

mércores, 16 de xuño de 2021

Últimos booktráilers: 3º e 4º de Primaria.

Boas Laracheiros e Laracheiras!

Estamos por aquí de novo para traervos os últimos traballos sobre a proposta de booktráiler que fixemos en maio dende o equipo de biblioteca.

Se queredes recordar en que consistía premede aquí.

Podedes ver aquí as xeniais ideas que nos trae o alumnado de 4º e 3º de Primaria. Estes libros, que encontraredes na biblioteca, son recomendados para lectores e lectoras a partir dos 8 anos. 

O alumnado de 4ºA presenta "EL GRAN LIBRO DE LAS EMOCIONES", de Mary Hoffman e Ros Asquit, editorial Juventud.


Pola súa parte, a aula de 4ºC invítanos a descubrir "A BANDA DOS INSECTOS. PASANDO A BÓLA", escrito por Celtia Figueiras e ilustrado por Iago Araujo, Guindastre Edicións.


As rapazas e rapaces de 4ºD nos traen "CLARA E O RAPTO DO SOLPOR", de J.J. Fernández Rodríguez e Enrique López López, editado por Hércules edicións.


Tamén se suma a esta proposta o alumnado de 3ºC, que nos trae "CONTOS DE RECREO", de Alex Sampayo e Borja F. Caamaño, de Redrum teatro.

E ata aquí as marabillosas creacións das nenas e nenos do Otero Pedrayo e os seus profes! 

Que gran traballo.

Moitísimas grazas por participar!

E... recordade que... TODOS ESTES LIBROS vos esperan en setembro na biblioteca!

Apertas xigantescos!

luns, 14 de xuño de 2021

Outros booktráilers: alumnado de 1º e 2º

Boas outra vez amiguiñxs!

De novo compartimos outro grupo de booktráilers, que xa é o penúltimo, unhas propostas que fixeron as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria.

 Recordade que podedes ver en que consistía aquí.

Os contos que nos recomendan son tamén para todas as idades, pero sobre todo vanlles gustar á rapazada de 4 anos para adiante ata os 7

          

A clase de 1ºA preséntanos "UN TIGRE NO XARDÍN", de Lizzy Stewart, da editorial Triqueta Verde.


As nenas e nenos de 1ºB ensinan "MIÑA GUÍA, MEU CAPITÁN" de Gonzalo Moure e María Girón, da editorial Kalandraka


Pola súa parte, o alumnado de 1ºC nos causan curiosidade con "¿A MANCHAS O A RAYAS", unha historia de Estefanía Padullés, de Hércules ediciones.



Os nenos e nenas de 2ºA nos ensinan un booktráiler "NA COLA PARA A ARCA", de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, da editorial Kalandraka. 



O alumnado de 2ºB presenta "O SEGREDO DE AVÓ OSO",  de Pedro Mañas e Zuzanna Celej, da editorial Kalandraka.



O grupo de 2ºC nos conta de que vai "MIS AMIGOS SE HAN DORMIDO", unha divertida historia de David Illeistone e Magali Le Huche.


Non tardaremos en ensinarvos os traballiños que quedan.

Deica outra!

Máis Booktráilers: Infantil (de 3 a 7 anos)

  Ola de novo bibliopingueiros!

Como vos contábamos, aquí vimos con outro grupo de booktráilers, o traballo realizado polo alumnado de Infantil. 

Recordade que a proposta a podedes ver aquí.

Neste post podedes ver as creacións dos seguintes libros, recomendados para todas as idades, en especial para lectoras e lectores dos 3 aos 7 anos


O alumnado de 4º de INFANTIL, preparou dúas propostas estupendas:

A aula de 3 anos A cóntannos como comeza "UBÚ" de Jérome Rullier, da editorial Juventud.

As nenas e nenos de 3 ANOS C achegan "PAXAROS", de Natacha Ortega e Lucía Franco, editorial Kalandraka.


En 5º de Infantil contamos con tres historias máis.

A aula de 5º Infantil A, presentan "SOFÍA ALEGRÍA DETECTIVE", de Morag Hood e Ella Okstad, da editorial Anaya.


O alumnado de 5º Infantil B sorpréndenos con "UN ANO CO VENTO", de Hanna Konola, Hércules edicións.



E, pola súa parte, as nenas e nenos de 5º Infantil C, crearon esta historia de Christian Voltz:

"UN RICO PASTEL", da editorial Kalandraka.



Traemos outros tres inicios de contos que preparou o alumnado de 6º de Infantil.

O alumnado de 6º Infantil A nos sorprenden con "UNA MOSQUITA MUY PESADITA", de Patricia Hegarty e Carmen Saldaña, editorial Miau.


As nenas e nenos de 6º Infantil B prepararon este booktráiler
"¡ESO NO ES NORMAL", de Mar Pavón e Laure du Fay, editorial NubeOcho.



E, por último, os peques de 6º de Infantil C ensinan "CAPITÁN VERDEMÁN", de Ellie Bethel e Alexandra Colombo, editorial Juventud.



Pronto compartiremos máis!

Ata pronto!

mércores, 9 de xuño de 2021

Booktráilers: recomendacións 9-12 anos

 Ola ola amiguiñxs!

Como non podía ser doutra maneira, comezamos a ensinarvos os booktráilers que foi facendo o alumnado. 

Recordades en que consistían? Premede aquí para ver a proposta. 

Estades preparados para velos? Desde logo que a creatividade non ten límites! 

Moitas grazas por participar!

Iremos publicando estes booktráilers como recomendación de todos os niveis proximamente.

Aquí podedes ver estes libros, recomendados a partir de 9 anos:


6º B nos ensina "UNHA MESTRA EN APUROS", cómic divertido onde os haxa, escrito e ilustrado por Pilar Serrano e Jorge Campos, da editorial Bululú. 


6º D preparou "EL CARTERO DEL ESPACIO", tamén cómic, escrito e ilustrado por Guillaume Perrault, da editorial Juventud.


5ºB nos trae en primicia "ALÉN DO AZUL", de Sara Carrasco e Silvia Iglesias, de Catro Ventos editora, un libro informativo sobre as especies da ría de Vigo.


5º A preséntanos "AGUS Y LOS MONSTRUOS. DE LIBRO EN LIBRO", colección da editorial Combel e escrito e ilustrado por Jaume Compons e Liliana Fortuny.


5º C presenta "YAYOI KUSAMA. DE AQUÍ AL INFINITO", un libro informativo sobre esta artista tan particular, con texto de Sarah Suzuki e ilustrado por Ellen Weinstein; editorial SM. 

En setembro, cando regresedes á biblioteca xa sabedes que libros novos podedes levar en préstamo!

Vémonos prontiño para ensinarvos máis novidades doutros cursos! =)


VIDEOLECTURAS XUÑO

 Por aquí estamos de volta amiguiñ@s!!

Desta volta traemos xa as últimas videolecturas deste curso escolar, un apadriñamento lector para todo o centro, na que como vantaxe ten que as podemos ver e escoitar sempre que queiramos.

Para estas últimas lecturas o alumnado preparaou algunhas novidades da biblio... 
aquí as podedes ver:

O alumnado de 1ºC,  cóntannos "LAS PIRAÑAS NO COMEN BANANAS", 
de Aaron Blabey (editorial Anaya), indicado para Educación Infantil e 1º curso. 

Para 1º e 2º de Primaria, len "¿QUE HACES CON UNA IDEA?", 
de Koby Yamada (editorial Birobiro), len Roque, Daniela, Jacobo e Gabriela de 2ºC.

Recomendado a partir de 8 anos, XXX, nenas e nenos de 4ºC nos len... 
"TREBELLOS. LUME NO CEO", de Pere Tobaruela, de Baía edicións.

Por último, Nerea, Amaya, Brais, Daniela e Rafa de 6ºB, len "QUEN SALVA UN CAN", de Érica Esmorís (editorial Xerais), recomendado a partir de 10 anos... 

Agardamos que vos gusten!!




sábado, 5 de xuño de 2021

Proposta Día do Libro: Concurso "Contos Enxaulados"

 Ola de novo biblipingueir@s! 

Hoxe queremos traervos boas noticias!

Por unha parte, agradecer á Asesoría de Bibliotecas que nos recoñecera como unha das mellores actividades na proposta CREAcción Día do Libro 2021 xa que, acabamos de comezar como centro PLAMBE e supón un orgullo para nós como equipo e como cole.

Podedes recordar as fotos dos nosos "CONTOS ENXAULADOS" pinchando aquí

Como non podería ser doutra maneira tamén dar as grazas a todo o profesorado e ó alumnado por participar, xa que sin eles e elas non sería posible! =)

Aquí podedes ver o recoñecemento: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1503




E outra boa NOVA... que xa temos gañadores deste I Concurso!!!!
As aulas premiadas foron as que máis acertaron de cada ciclo. 
Aquí o podedes ver e tamén as solucións de cada un dos contos.

Este venres 4 de xuño as aulas gañadoras recolleron un pequeno agasallo na biblioteca. 
Aquí os podedes ver:
Aula gañadora en Infantil: 5º INFANTIL C

Aula gañadora no 1º ciclo: 2ºC


Aula gañadora no 2º ciclo: 4ºD

Aula gañadora no 3º ciclo: 6ºC

Noraboa a todas as aulas e graciñas pola participación a todo o claustro!

Ata pronto!

martes, 1 de xuño de 2021

Letras galegas 2021: Coñecendo a Xela coa robótica

 Ola de novo a todas e todos!

Aínda que xa pasaron uns días da data, hoxe queremos compartir con vós unha das actividades que fixo o noso alumnado con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 

Previamente xa mandaramos algunhas propostas en formato dixital (http://bibliopingas.blogspot.com/2021/05/letras-galegas-2021.html) e tamén  as videolecturas do mes de maio: http://bibliopingas.blogspot.com/2021/05/ola-de-novo-nenas-e-nenos-hoxe-traemos.html

Como queríamos dar a coñecer tamén os "escornabots", xa que estamos montando o noso espazo fedelleiro para poñer en marcha o curso que vén, aproveitamos a vida e obra de Xela Arias e o día das Letras Galegas para traballalo dun xeito lúdico.

Dende a biblioteca mandamos unhas caixiñas con material para cada nivel:


Todas as propostas contaban con indicacións, taboleiros relacionados con Xela Arias axeitados ó nivel e tamén material manipulativo para crear circuitos. 

Na aula, cada grupo podía xogar e manipular o robot ó mesmo tempo que aprendía algo sobre Xela. 

Aquí podedes ver un breve resumo!

Vémonos pronto para traervos as últimas videolecturas do curso, os gañadores do Concurso de Contos enxaulados e tamén recomendacións lectoras para o verán!

Apertas! =)