martes, 21 de decembro de 2021

Recomendacións NADAL

 Boas boas, estamos por aquí de novo!

Este  primeiro trimestre pasou volandiño e xa nos imos de vacacións de Nadal. 

E que mellor forma de despedirnos ata xaneiro que recomendando un libro? 

Pois como xa temos por costume, aquí vos deixamos unha lista para que neste Nadal pidades como agasallo ou merquedes un libro ou conto e, mellor, se é no negocio local, así axudaremos á nosa vila.

Pero antes queríamos despedir este trimestre agradecendo a nenos/as, familias e profes o seu paso pola biblioteca; en xaneiro voltamos! 

E  especialmente queremos agradecer aos rapaces e rapazas que estiveron colaborando con nós nos recreos na biblioteca, porque sen eles non sería posible. Aquí os tendes cun agasallo!!

Elas e eles son:

De 6ºA: Lucía Cabanas, Álex Ferro, Nerea Alfonso e Andrés Barreiro.

De 6ºB: Érica Añón, Hugo Citoula, Minia Fuentes e Alba Valiña.

De 6ºC: Jaime Esmorís e Icía Souto.

De 5ºA: Daniela Rodríguez, Carla Remuiñán e Bryan Rodríguez.

De 5ºB: Arabela Montes, Raquel Castiñeira e Sergio Pose.

De 5ºD: María López, Álvaro Rodríguez e Bruno Barreiro.

De 4ºA: Izán Pérez, Martina Díaz e Brais Ponte.

De 4ºC: Laura Calvo, Alba Felípez e Antón Fernández.

Moitas grazas a todxs!!!

Pinchade na imaxe para acceder ás recomendacións!

Podedes contarnos que vos parecen estes contos en bibliolaraca@gmail.com, mandando un vídeo ou foto coa vosa opinión. 


Agardamos que vos gusten! =) Vémonos en xaneiro!

Unha aperta xigantesco do Equipo de Biblioteca

FELICES FESTAS E BO NADAL!!

sábado, 18 de decembro de 2021

Lecturas de NADAL en decembro

 Boas de novo!

Rematamos o trimestre coas lectoras e lectores que nos agasallaron con estas lecturas de NADAL nesta semana na biblioteca.

Nesta ocasión tivemos 3 grupos de lectores. 

O alumnado de 1º CURSO leu de Gloria Fuertes, EL CAMELLO COJITO, de editorial Bruño. De 1ºA: Mauro e Oliver; de 1ºB Olivia e Ainara e de 1ºC, Hugo e Emma,



Mía, Daniela, Julia, Sofía, Xián e Álex de 3ºB, leron ¡FELIZ NARVIDAD!, novela gráfica, unha nova aventura de Narval e Medu, de Ben Clanton, editorial Juventud.



E, por último, o alumnado de 6ºC, Martina, Xabi, Rubén, Belén, Roi, Inés, Adrian e Lucía, nos leu O CASTIÑEIRO DO APALPADOR, obra teatral de Inacio, ilustrado por Nuría Díaz, de Baía Edicións. 


Moitas grazas por vir a ler nenas e nenos, e tamén aos oíntes! 


E non olvidedes pasarvos pola biblio nestas datas e levar algún libro interesante sobre o Nadal, o Apalpador ou Diversidade.


Deica pronto!



GALICIA MEIGA - Nova parada: LUGO

 Ola de novo bibliopinguieros!

O noso Ramoniño sigue viaxando por Galicia!

Este mes decidiu visitar a provincia de LUGO, sobre todo para informarse sobre unha das personaxes galegas máis coñecidas nestas datas: O APALPADOR

Agardamos que vos sexa útil esta información e pasedes un bo anaco! 

Volo deixamos a un clic! 

Ata pronto!








domingo, 12 de decembro de 2021

Leva en préstamo os nosos booktráilers!

Ola de novo!
No mes de maio do curso pasado o alumnado participou nunha actividade de creación: fixeron un Booktráiler sobre unha das novidades da nosa biblioteca. 
Clicade enrriba e nos enlaces podedes ver todo o traballo que tan chulo quedou: 





Agora están dispoñibles na nosa biblioteca para que as nenas e nenos poidan levalos en préstamo e contarán además cun código QR que nos levará ó booktráiler feito polo alumnado para que poidades velo unha e outra vez!
Xa sabedes, buscade estes libros na nosa biblio.

Deica pronto!

mércores, 1 de decembro de 2021

Benvido NADAL: calendario de contos

 Ola de novo amigas e amigos!

Hoxe traémosvos unha proposta moi especial: 

UN CALENDARIO DE ADVENTO DE CONTOS

Durante o Nadal pasamos vimos moitas ideas similares por distintos blogs das bibliotecas escolares de Galicia e este curso queríamos facer o noso. 

Nel podedes encontrar CONTOS e CORTOS moi interesantes relacionados co Nadal, que xa se achega, e tamén coa diversidade, pois o próximo día 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con discapacidade, e que mellor forma de visualizar esta diversidade que a través de breves historias.

Clicade na imaxe para acceder! 

Agardamos que vos guste moito e teñades en cada día unha nova historia para compartir na aula, cos amigxs ou coa familia =)

Apertas!

martes, 30 de novembro de 2021

25 N: Lecturas en voz alta

 Ola de novo bibliopingueiros!


Durante a semana pasada en todos os centros de Galicia se fixeron exposicións e actividades relacionadas co 25N: Día Contra a Violencia de Xénero.


Non hai dúbida da importancia que ten este día para rematar con esta lacra da sociedade por iso, a mellor solución, é educar en igualdade.

Na biblioteca preparamos unha pequena exposición:



E nesta ocasión é o propio alumnado o que nos deleitou cunhas lecturas en voz alta sobre a temática nos recreos da semana pasada, lecturas que fan fincapé na igualdade e no papel da muller na sociedade. 

Aquí os tendes:



Estas nenas e nenos de 2ºB, Joel, Lola, Estela, Noa, Gabi e Nico léronnos o clásico "ROSA CARAMELO", de Adela Turín e Nella Bosnia, da editorial Kalandraka. 





O alumnado de 2º ciclo ilustrounos con "PIONEIRAS", de Anair Rodríguez e Nuria Díaz (Editorial Xerais), lendo as biografías de mulleres galegas importantes. De 3ªA temos a Juan, Irene, Paula e Jimena; e de 4ºB len Carlos, Julia, Aroa e Claudia




Por último, Alain, Ángela, Pedro, María e Ainara, de 5ºC leron "LAS MUJERES Y LOS HOMBRES", un libro gráfico informativo de Equipo Plantel, ilustrado por Luci Gutiérrez, da editorial Mediavaca. 





Graciñas a todos por vir escoitar aos compañeirxs!

Ata pronto =)


xoves, 18 de novembro de 2021

PRÓXIMA PARADA: A CORUÑA

 Ola de novo amiguiñxs!!

Como vos contamos, o camiño pola "Galicia Meiga" continúa e o noso Ramoniño sigue de viaxe. Despois de visitar Montes Claros e coñecer algo máis sobre A Laracha (sobre a que seguiremos investigando... ).

A nova parada é a capital de provincia onde vivimos: A Coruña. 


Aquí vos deixamos unha proposta moi chula para coñecer algo máis e pasar un bo anaco. Esperamos que vos guste!

Ata pronto!

luns, 8 de novembro de 2021

Lecturas en voz alta (Outubro)

 Voltamos coas nosas LECTURAS EN VOZ ALTA nos recreos!!

Volvemos a recuperar esta dinámica que se levaba a cabo no centro dende fai tempo e que se viu interrumpida pola situación provocada pola pandemia. Pero, este curso, xa que a situación actual é diferente, volvemos a recuperalas, tendo en conta as limitacións e facéndoas por niveis. 

Aquí vos deixamos os libros e contos escollidos, xunto cos lectores e lectoras que participaron las lecturas programadas no mes de OUTUBRO (por motivos organizativos feitas a semana pasada). 


Para o 3º ciclo, leron dous grupos:

Por unha parte Noa, Zaira, Óliver e Carla de 5ºB que leron "DRÁCULA", de Bram Stocker, editorial Almadraba.


E tamén Cantia, Minia, Alba, Érica e Hugo de 6ºB, que nos agasallaron cunhas lecturas sobre seres máxicos "NA PROCURA DO MEDO ESQUECIDO", recopilado por Juancho, da editorial Galaxia e relacionado directamente co noso PDI de centro "Galicia Meiga".


No 2º ciclo, fixeron lecturas outros dous grupos.

Sara, Sara, David e Aitor, de 4ºA, que leron un fragmento de "EL FANTASMA NOCTURNO", de James Preller, da editorial Edelvives.



De 3ºC, Paula, Alba, Aitor, Vera e Jacobo nos leron un fragmento do éxito "MORTIÑA. Unha historia para esmendrellarse de risa", de Bárbara Cantini, de Hércules Edicións. 


E, por último, para o 1º ciclo contamos con:

De 2ºA, Irina, Xiana, Emma e Bruno que se adicaron a ler "MURCIÉLAGOS EN LA BIBLIOTECA", de Brian Lies, de editorial Juventud.



E Mario, Arya, Iker e Adrián de 2ºC, que nos leron "A MIN NON ME COMAS", da editorial OQO, escrito por Margarita del Mozo.


Recordade que todos estes libros podedes desfrutalos e levalos en préstamo na nosa biblio.

Moitas grazas lectores e lectoras! Foi un pracer!



Ata a próxima!!

martes, 2 de novembro de 2021

Novidades lectoras Novembro

 Boas de novo!

Xa tedes na biblioteca dispoñibles as numerosas novidades coas que contamos na biblioteca durante este mes, xa que temos recursos que quedaron pendentes do curso pasado. 

Neste Genially podedes consultar todos os exemplares por idades e se vos interesa algún pedilo ou reservalo na biblioteca.

Saúdos!


Día das Bibliotecas: Comezo do PDI Galicia Meiga

 Ola de novo bibliopingueirxs!!

Comezamos xa de novo con novidades e cousiñas que ensinarvos.

Neste caso traémosvos un vídeo sobre como iniciamos este curso o noso PDI "Galicia Meiga"

A través dun xogo de pistas, aproveitando o Día das Bibliotecas, o alumnado tivo que ir resolvendo incógnitas para chegar ao destino final: un código QR que lles indicaba cal era a súa caixa de préstamo. 

Sen dúbida pasamos un bo anaco!

Deixamos por aquí o PDF con información do PDI que levaba o alumnado na caixa, xunto cos vídeos informativos,  e tamén o vídeo resumo da actividade. 

Clickade para saber máis!


Aquí podedes ver o comezo do xogo de pistas.


Neste vídeo Ramoniño conta a actividade principal deste curso dende a Biblioteca.

Por último, aqui tendes ao alumnado participando na actividade.

Ata pronto!!!

venres, 22 de outubro de 2021

INICIO 2021: Novo espazo, novas normas.

OLA AMIGOS E AMIGAS DA BIBLIOTECA!!

ESTAMOS XA DE VOLTA! 

Arrancamos este curso de novo o Día da Bibliotecas, 24 de outubro, cun xogo inicial de pistas para o noso alumnado o próximo luns e martes, inspirando no noso proxecto anual 

"GALICIA MEIGA". 

Podedes ver tamén aquí o cartel co lema da Asesoría de Bibliotecas: "A biblioteca escolar ten a palabra"; e nós, este ano, temos moitas palabras que aportar. 

E hoxe queremos amosar a NOVA BIBLIOTECA. 

O curso pasado, o alumnado non puido disfrutar dela todo o que nos gustaría e este ano recuperarmos algunhas das propostas que tiñamos: préstamo nos recreos, xogos de mesa, zona TIC...

Inauguramos tamén a nosa Radio escolar, o noso Recuncho da Prensa e moi pronto o Espazo Fedelleiro. 

Na primavera contamos tamén con ter a nosa zona exterior lista.

Clicade na imaxe e botádelle aquí un ollo aos novos espazos, as normas con respecto ao Covid e ao uso e funcionamento da Biblioteca.


Pronto seguiremos con novidades.

Ata pronto!



domingo, 20 de xuño de 2021

Recomendacións lectoras para este verán!

 Ola de novo bibliolectores/as!

Este curso vai chegando o seu fin e non podíamos despedirnos sen recomendarvos un compañeiro de viaxe para este verán: un libro!

Animádesvos a descubrilos?

Compartimos pois estas recomendacións lectoras con títulos recentes para que descubrades novo vocabulario, desenvolvades a vosa imaxinación, coñezades personaxes curiosas que se convirtan en amigos e exploredes novos mundos.







Agardamos que encontredes unha boa historia que recordar!

Podedes compartir as vosas experiencias nas redes sociais etiquetándonos na nosa conta de Instagram (@bibliolaracha) ou enviarnos se queredes a bibliolaracha@gmail.com

Dende o Equipo de Biblioteca xa nos despedimos ata o próximo curso, desexándovos unhas felices vacacións e descanso (que ben o merecedes)! Nós tamén o precisamos e volveremos en setembro con moitísima enerxía e moitas propostas novas que seguro vos gustarán!  

Deica pronto e FELIZ VERÁN!!