luns, 27 de abril de 2020

HISTORIAS DE 6º

Ola de novo!

Hoxe queremos compartir con vós as historias que crearon Sofía, Xoel e Inés de 6ºA, seguindo o exemplo da súa profe Cris, que tamén nos regala a súa historia dos libros.
Hai que deixar voar a imaxinación e, co que temos na casa, podemos contar mil e unha historias...

Esperamos que vos guste! 





Calquera proposta que teña como protagonista os libros, as historias ou a imaxinación podedes mandala ó correo da biblio e a publicaremos sen dubidar: bibliolaracha@gmail.com

Ata pronto!


sábado, 25 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Ola de novo lectores e lectoras!

Deixamos por aquí o primeiro vídeo de recomendacións, clicade no enlace para velo. Esperamos que vos guste! 
E moitas grazas por participar, profes e nenas e nenos! 
Así da gusto =)
Esperamos máis recomendacións!




Unha aperta enorme!

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, é o día do Libro

Na nosa proposta mensual contamos xa coas vosas recomendacións, aínda podedes mandar máis. Animámosvos a participar! 
Mañá subieremos unha recopilación das primeiras achegas que mandastes... 

Hoxe, por ser o día que é, queremos deixarvos dúas propostas. 

A primeira é unha SÚPER HISTORIA que a profe Silvia, de 1º de Primaria preparou para o seu alumnado e, de paso, compartiu con Ramoniño. Aquí a tedes! Seguro que vos gusta! 


Outra proposta que vos deixamos é este documento en PDF
cunha recopilación xenial de CONTOS EN VÍDEO en castelán, 
feito por unha mestra de PT e AL que compartiu no seu blog 
(http://www.xn--vivenciasconlaseonuria-zec.es/), que tamén podedes visitar. 
Pinchade na imaxe para acceder! 
Esperamos que vos guste para pasar estes días! 



Unha aperta grande!

mércores, 15 de abril de 2020

ABRIL: Mes do libro

Ola de novo!

Neste mes de Abril temos un reto que vos trae Ramoniño! 
Animámosvos a participar, tedes que contarnos unha RECOMENDACIÓN LECTORA.


Aceptades o RETO? 
Esperamos a vosa participación en bibliolaracha@gmail.com

Un saúdo! =)

martes, 14 de abril de 2020

Contos con pictogramas

Boas de novo nenas e nenos da Laracha! 

Seguimos pensando en vós e hoxe deixamos aquí un enlace a unha carpeta na plataforma Drive na que iremos subindo máis RECURSOS para vós, o alumnado, e tamén para as familias. 

Hoxe tedes algúns CONTOS en PDF e tamén CONTOS CON PICTOGRAMAS. 

Pinchade no enlace e accederedes. Podedes descargalos, son de uso libre e gratuito. 


Moito ánimo nestes días! 

Por certo... estade atentos e atentas! 
Esta semana RAMONIÑO vaivos traer un reto... seredes capaces de superalo?

luns, 13 de abril de 2020

Web Bibliotecas Escolares


Aínda que seguimos de "vacacións" (máis que estrañas...), queríamos deixarvos por aquí algo máis de material.

Na páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia hai colgados unha morea de enlaces con recursos distintos, podedes picar no enlace de aquí abaixo e mergullarvos nalgún dos moitos recursos que publicaron as bibliotecas escolares de moitos centros de Galicia.




Esperamos que vos sexa útil!! 
Ata pronto!


venres, 3 de abril de 2020

MÁIS RECURSOS



Ola de novo nenas e nenos da Laracha!


Xa sabemos que estes días están sendo duros, por iso vos queremos deixar aquí un recurso máis... 

Dende o Consorcio Galego mandáronnos uns enlaces para que poidades ver contos, historias e disfrutar con actividades, así que vos deixamos aquí a información! 

Mensaxe CONSORCIO GALEGO: Grazas a solidariedade e xenerosidade de moitos e moitas creadoras e editoriais podemos achegarvos unha serie de materiais educativos de balde para facer máis levadía esta situación excepcional.
Pinchade nas imaxes para acceder. 
Aquí van:


Baía Edicións
Campaña "Con vós na casa": Descarga de lecturas para tódalas idades. 
      

      Editora Catroventos
       
         Como liberar o potencial do voso neno: Kit completo de actividades Montessori 0-2 anos
    

    Xornal O Papagaio
       http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html
    Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal
                      http://www.kalandraka.tv/gl/
                  Contos contados en Kalandraka TV

      https://www.youtube.com/watch?v=ZPzYVO5Jx9Y
              Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video: 
       A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.



           http://urcoeditora.com/etiqueta-producto/ebooks/
            Están a preparar unha serie de ebooks con relatos                      selectos dos seus títulos máis míticos. Xa tedes algún dispoñible en formato .epub



https://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/
Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"


O importante é non deixarlle tempo ao aburrimento nos chegue!
Unha aperta grande!