martes, 30 de xaneiro de 2018

Fomos a lerlles aos peques do cole

Os días 23, 24 e 25 de xaneiro fomos a lerlles o conto de "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" aos nen@s de infantil. As encargadas da lectura foron Iria de 3ºB, Martina de 3ºC e Uxía de 3ºA. Os peques quedaron encantados e as lectoras tamén. Hai que repetir.


                               


luns, 29 de xaneiro de 2018

Día da Paz

Desde a biblioteca tamén queremos conmemorar o día escolar da paz e non violencia cunha sesión de lectura. Terá lugar o día 2 de febreiro no recreo e será na biblioteca coma sempre. Animádevos a vir!



Libros para a Paz

Xa tedes á vosa disposición na biblioteca unha selección de libros relacionados coa paz e o respeto ás diferencias. Hai para todas as idades. Animádevos e vinde a botarlle un ollo e a levar o que máis vos guste.

venres, 26 de xaneiro de 2018

Contacontos de Kalandraka

O pasado 24 de xaneiro os nen@s de primeiro de primaria tiveron unha visita moi especial: Sara e Álex. Viñeron a encher o noso día cos seus contos e a súa música. Grazas por facernos pasar un día moi especial.


luns, 22 de xaneiro de 2018

Lecturas de Nadal

O día 15 de decembro tivemos na biblioteca lecturas de Nadal durante o recreo.






Naiara e Paula de 5ºB leron "Canto de Nadal" de Charles Dickens.













Iria de 3ºB, Uxía de 3ºA e Martina de 3ºC leron "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" de Chema Heras.












Alessia de 5ºA e Aarón de 5ºB leron "Poemas de Navidad".








Pasámolo xenial escoitándoos. Fixérono moi ben!







Sesión de lectura de Samaín

O día 3 de novembro tivo lugar a primeira sesión de lectura do curso 2017-2018.






Jennifer de 5ºA, Luna de 5ºC e Sara de 4ºC leron "Tío Lobo" de José Ballesteros.












Aitor de 5ºC e David de 5ºB leron "A pantasma de Canterville" de Oscar Wilde.













Jose de 5ºC liu "El hundimiento de la casa Usher" de Edgar Allan Poe.












Lucas de 3ºB liu "Frankenstein" de Mery Shelley. 




                              

                                         


Gracias a todos os que viñéstedes a disfrutar coas lecturas e sobre todo gracias aos lectores.