mércores, 3 de abril de 2019

Novidades de abril

Segue a avanzar o curso. Xa estamos en abril e o día 23 deste mes celébrase o Día do Libro. Na biblioteca temos preparada unha exposición de novidades con libros en castelán, moitos deles de ciencias.
Aquí podes ver unha foto do expositor. Pásate pola biblioteca a ver se algún é do teu interese.



Ademais, nun andel da estantería do fondo, están recollidos todas as adaptacións de El Quijote que temos. Hai obras narrativas e de cómic e para todas as idades.


Por último, o mércores 24, farase a lectura do conto para o kamishibai que estades a elaborar entre todas as aulas do colexio e que comeza así...