mércores, 14 de febreiro de 2024

DÍA DA RADIO 2024

Ola a todas e todos!
Aínda que estemos de descanso entroideiro, sabías que onte, 13 de febreiro, foi o DÍA MUNDIAL DA RADIO? 
Pois si, e en 600 Nas Ondas o alumnado de 6º fixo un programa especial sobre a historia da radio. Porque non a escoitades?



Tamén vos deixamos unha lista de CANCIÓNS sobre a radio que podedes escoitar clickando. 
Cal será a vosa favorita?

E por último, aínda que o alumnado voluntario estivo traballando nestas semanas previas, porque non vides a crear a vosa chapa co logo da nosa radio e a levades? Tedes todo o material na biblio!

E aquí o vídeo titorial para que saibades como facer:


Comezamos tamén coa emisión das NOVAS DEPORTIVAS, relacionadas coa temática do PDI anual "Xogos olímpicos. Valores de ouro".
Podedes escoitalo aquí: 

Ademais estamos empregando cada vez máis a nosa radio e pronto todo o alumnado que queira terá un espazo para gravar, animádesvos a preparar un podcast ou breve programa e vir gravalo?.
A partir da próxima semana poderedes vir cada mércores a gravar e se está libre a nosa radio contaredes coa axuda dos técnicos/as para facelo. 
Recordade que para gravar precisades: 

Vémonos pronto!



xoves, 8 de febreiro de 2024

Lecturas pola PAZ

 Boas nenas, nenos e demais familia!

Como sabedes, o pasado martes 30 de xaneiro conmemorouse o DÍA DA PAZ

No noso cole organizamos unha carreira pola PAZ da man de "Save the Children", como se ven facendo nestes últimos anos. Ademais, aínda que constuir unha sociedade en paz, no que as desigualdades non sexan barreiras é algo do día a día, sempre nos gusta escoitar historias sobre a necesidade de ser máis empáticos, de olvidar as nosa diferenzas e buscar o ben común.  

Os libros escollidos para as LECTURAS POLA PAZ foron as seguintes:


Un grupo de nenas de 6ºB, leron unha das historias de CONTOS SEN FRONTEIRAS, de Xavier Frías e Eva Mejuto, editado pola Xunta de Galicia. Escoitaron os compañeiros e compañeiras do 3º ciclo a Iria, Aroa, Lucía e Carlota. 


No 2º ciclo, leu o alumnado de 4ºA: Nico, Marcos, Yerai, Martín, Lola e Estela. Leron a nova versión de INVISIBLE, de Eloy Moreno e ilustrado por Pablo Zerda, para os máis pequenos, da editorial Nuble de Tinta. 


Para o alumnado de 1º e Infantil, as nenas e nenos de 2ºC puxeron voz a un álbum ilustrado EL MURO EN MITAD DEL LIBRO, de Jon Agee, editado por La casita Roja.  Eles e elas son: Lara, 

Grazas coma sempre ao alumnado voluntario e tamén a todos e todas as que vindes escoitar.




Deica a próxima!