mércores, 22 de febreiro de 2023

DÍA DA RADIO

 Boas de novo amigas e amigos!

Este ano polo DÍA DA RADIO, o alumnado voluntario está a preparar unha serie de entrevistas con diferentes personas relacionadas co ámbito literario. Compartirémolas con vós pronto!

Ademais, o curso pasado, tras as propostas das nenas e nenos, a nosa radio por fin tivo nome: 600 NAS ONDAS. E agora quremos que tamén sexa o alumnado o que deseñe o logo/insignia da nosa radio!

Este é o cartel que o anuncia:

Tedes ata o 31 de marzo para presentar as propostas! A deixar voar a imaxinación! 

Un saúdo e ata pronto!


martes, 7 de febreiro de 2023

LECTURAS EN VOZ ALTA: SI Á PAZ!

 Boas de novo!

Como vos compartíamos fai uns días, este mes de xaneiro as LECTURAS EN VOZ ALTA xiraron arredor da temática da PAZ. Estos foron as lecturas escollidas:

Para as nenas e nenos de Infantil , 1º e 2º de Primaria, Carmen, Martín, Santiago, Emma e Hugo,alumnado de 2ºC leunos "UNA MONTAÑA CUALQUIERA", de Fran Pintadera, da editorial Takatuka.



Para o 2º ciclo, 3º e 4º de Primaria, foron os compañeiros e compañeiras de 3ºB: Gabriela, Noa, Iker, Joel, Anxo, Aitor, Anya e Braulio, os que nos leron "LÚA EN NINGURES", de Beatriz Maceda, editado por Xerais. 


E, por último, para 5º e 6º de Primaria, foron Óliver, Martina, Mateo, Zaira e Shaila de de 6ºB, os que compartiron un fragmento da lectura "AUGUST Y YO", de R.J. Palacio, editado por Nube de Tinta. 


GRACIÑAS a todas e todos por vir a escoitar e por suposto ao alumnado lector!

Ata pronto!