martes, 24 de decembro de 2019

Queremos ...ARTE!


Como xa sabedes, este curso Ramoniño presentounos o ARTE como un tema moi interesante e así estamos todos e todas traballando nel.
Na biblioteca xa temos o noso expositor temático con un montón de libros, contos e material bibliográfico... e máis que está en camiño.


Como xa vistes na entrada, despois de facer esa pequena busca o "Día da biblioteca" que nos propuxo Ramoniño, entre todos creamos un cadro moi bonito.
A obra é "Corazón", de Romero Britto, un pintor brasileiro que utiliza cores moi chamativas e formas sinxelas para crear verdadeiras obras de arte.




Ata pronto!

Recomendacións



Boas de novo a todos e todas!
Para rematar este ano 2019 deixámosvos unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS, porque aínda estades a tempo de pedirllas a Papá Noel, ó Apalpador ou ós Reis Magos. 

Pinchade na ligazón e podedes ver o documento!

Recomendacións 2019

Recordade que un libro sempre é un bo agasallo para estimular a imaxinación. 

Dende o equipo de Biblioteca queremos desexarvos unhas FELICES FESTAS.
Esperámosvos por aquí no próximo ano.

Unha aperta! 

luns, 16 de decembro de 2019

Lecturas de Nadal

Chegou o Nadal!!!
Durante esta última semana de decembro e os primeiros días de xaneiro estarán expostos os libros de Nadal na estantería de novidades.


No recreo do día 19, tivemos ocasión de escoitar a lectura duns contos de Nadal que fixeron oito alumnas de diferentes cursos. Que ben leron!!


A sesión comezou coa lectura do conto "Sueños de nieve", de Eric Carle.










Tamén foron ler para o alumnado de Infantil, deixámosvos un par de fotiños máis! 








Esta foi a última actividade da biblioteca no ano 2019. Vémonos no 2020!!

BO NADAL!!

E

FELIZ 2020!!



xoves, 5 de decembro de 2019

Últimas novidades do ano

Xa estamos no último mes do ano. Polo colexio empézase a respirar o ambiente do Nadal: as aulas comezan a estar decoradas, estanse a facer adornos para as entradas e pronto soarán os ensaios para o festival.

Na biblioteca pronto comezaremos. Antes vos presento as últimas novidades. Hai moita variedade de libros: narrativos, cómics, poesía, de ciencias... e ata en inglés. Ven pola biblio, seguro que atopas un que che interese.

Para educación infantil:



 






Para os primeiros lectores:


 

Para os lectores expertos:


Libros de poesía:




Libros de ciencias:




Cómics:



Libros en inglés: