domingo, 29 de xaneiro de 2023

Di SI á PAZ!

 Ola de novo lectores e lectoras de BIBLIOLARACHA!

Voltamos neste mes de xaneiro conmemorando, como non pode ser doutra maneira, o DÍA DA PAZ. 

Como proposta do cole, imos participar da man de Save the children nunha carreira solidaria, pois a Paz trátase tamén diso: loitar por unha igualdade, polos dereitos dos nenos e das nenas que menos teñen. 

Dende a biblio, temos exposto unha chea de historias para que poidades compartir e reflexionar nas vosas lecturas. 


Ademais esta semana disfrutaremos de novo das LECTURAS EN VOZ ALTA na Hora de Ler. 

Por último, compartimos tamén o noso último programa de RADIO. En relación co noso PDI de centro "Déixame que che conte...", este curso decidimos ir gravando en forma de AUDIOCONTO pouco a pouco contos e historias que nos gustan e así ir tendo un gran banco de recursos.

Para comezar vos deixamos dous audicontos apropiados para escoitar nesta semana pola PAZ:

Clickade aquí para escoitalos:

Ata pronto!