xoves, 10 de novembro de 2022

PDI: Déixame que che conte...

 Boas biblipingueiros/as!!

Que tal estades?

Por aquí estivemos algo desconectadiñxs pero agora volvemos á carga con cousiñas novas e con nova temática para o noso proxecto anual: DÉIXAME QUE CHE CONTE... 

Este curso imos profundizar no traballo dos contos e dos distintos xéneros literarios: narrativa, teatro, poesía, banda deseñada... 

Tamén brindaremos ferramentas para a creación literaria, pois non se sabe onde pode estar o próximo escritor ou ilustradora de éxito... e queremos que a imaxinación voe para crear historias marabillosas! 

Apuntádesvos a esta viaxe?

Aquí vos deixamos unhas breves indicacións de como imos a traballar:

E para dar comezo a esta andanza, o pasado 24 de outubro, no Día das Bibliotecas o alumnado superou un xogo de pistas, no que descubría o PDI e levaba un pequeno agasallo!

Podedes disfrutar deste pequeno resumo do Xogo de pistas na biblio! Esperamos que o pasárades xenial e que coidades moito o voso agasallo.

Deica pronto!!