martes, 30 de abril de 2024

Lecturas no MES DO LIBRO-ABRIL

 Ola de novo laracheirxs!

Deixamos por aquí as LECTURAS EN VOZ ALTA que se prepararon este mes. Nesta ocasión, os exemplares escollidos foron NOVIDADES recén chegadas á nosa biblio. Aquí as podedes ver, e por suposto tamén levalas en préstamo:


No 1º ciclo e en Infantil, o alumnado de 2ºA leu "Caca en el zoo. El misterio de la caca descontrolada", de Steve Smallman e Ada Grey (editorial Beascoa). Leron Dara, Alejandro, Laia, Tomás, Sergio e Sonia.





O alumnado de 4ºB, Inés, Mía, Krisia, Julia Bolón, Nerea, Julia Lista e Iker, leron "Perro apestoso se enamora", de Colas Gutman e Marc Boutavant (editorial Blacky books), para o alumnado de 2º ciclo.


Por úlitmo, para o 3º ciclo de Primaria, leuse "La vida secreta de Rebeca Paradise", de Pedro Mañas e ilustracións de Bea Tormo (editorial SM). De 6ºC son Alexia, David, Martina, Álvaro, Iker, Brais e Marco.


Grazas por ler con nós e escoitarnos!

Ata a próxima! =)



Ningún comentario:

Publicar un comentario