martes, 2 de maio de 2023

TEATRO... Puro teatro!

 Ola ola!

Dentro das propostas do noso PDI literario "Déixame que che conte...", propuxémonos achegarnos un chisco máis aos distintos xéneros literarios, nesta ocasión o TEATRO.

O alumnado de 3º e 4º de PRIMARIA puido escoitar a Wendy Varela, actriz e profesora de teatro (podedes coñecela en instagram no seu perfil @wendyvareela), que veu contarnos un pouquiño máis sobre que é o teatro. Da man da súas explicacións e coas preguntas que preparou o alumnado pasamos un ratiño agradable. Ademais coñecemos algunhas obras que temos na nosa biblio sobre o teatro e... quen sabe se algún ou algunha xa se comeza a interesar por este xénero máis descoñecido?

Vos deixamos as fotiños desta visita!









Moitísimas grazas por vir WENDY! Agardámoste sempre que queiras!

Deica pronto bibliopingueirxs!

Ningún comentario:

Publicar un comentario