mércores, 31 de maio de 2023

Na biblio... mes do libro!

 Ola ola!

Rematamos as nosas xornadas polo MES DO LIBRO, e como non podía ser doutra forma, queremos amosarvos un anaquiño das nosas propostas, que foron unhas cantas. Aquí as podedes ver:

Neste enlace podedes ver a actividade interactiva: 

Durante os recreos tamén propuxemos outras dinámicas:


Na nosa canle de radio de Ivoox tamén engadimos máis AUDIOCONTOS, unha proposta que comezamos este curso e que está a ser moi productiva. Clicade na imaxe para escoitar o que máis vos apeteza!


Por outra banda, recuperamos os APADRIÑAMENTOS LECTORES, que gustan tanto que en maio repetimos! Aquí tedes unha mostra dos momentos compartidos de todo o alumnado.


Por último, non podía faltar a PROPOSTA CREATIVA do mes do libro, que consistía en recrear o conto escollido e traballado ao longo do curso nunha superficie de madeira. A creación era libre e así foi que saliron uns libriños súper divertidos e con moito talento. Xa están expostos na entrada do cole e nestas fotiños podedes velos:















E xa para rematar este mes tan completiño, agradecer ao alumnado colaborador do 2º trimestre a súa axuda e participación na organización da biblioteca, sen eles non sería posible, MOITAS GRAZAS! Para o curso que vén esperámosvos!

Graciñas a todos e todas por participar e agardamos que fora do voso agrado!

Apertas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario