martes, 2 de maio de 2023

En ABRIL... Paco Nogueiras visítanos de novo!

 Ola de novo seguidorxs da nosa bitácora!

Este mes de abril, como vos dixemos, ven cargadiño de propostas na biblio... Unha delas foi a visita que o alumnado de Infantil recibiu de... PACO NOGUEIRAS!

Si, Paco voltou ó cole, esta vez para contarnos e cantarnos algunhas das historias máis coñecidas de Kalandraka: DO RE MI, da colección do Bercé á Lúa; Polo Camiño ou Míster Magnolia.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron os e as máis peques do cole!

Agardamos que Paco volte pronto! Graciñas!

Deica logo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario