xoves, 17 de febreiro de 2022

NOVA: Mochilas viaxeiras temáticas

 Boas de novo amigxs!

Vimos con máis novidades!

 Este mes ven cargadiño de cousas novas! Pois por fin puxemos en marcha…

AS MOCHILAS VIAXEIRAS TEMÁTICAS. 

Van dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de Primaria, para levar en préstamo durante unha semana.

Contamos con 3 mochilas distintas. Cada venres, as mochilas viaxarán ás casas das nenas e nenos e volverán os xoves para continuar as súas aventuras. Dentro contan con material diverso: unha película, un conto, libros informativos,… Aquí podedes ver o seu contido:

 NATUREZA


MEDO E MAXIA

CIENCIA-FICCIÓN


Xa tedes na biblioteca (4º) e no corcho da vosa planta (3º) as listas para apuntarvos! 
E ahí van os primeirxs afortunadxs! 

Estamos seguras de que terán éxito!

Non olvidedes comentarnos en que mellorar.


Unha aperta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario