luns, 14 de febreiro de 2022

Estreamos RADIO ESCOLAR!!

 EXTRA EXTRA! 

Estreamos a RADIO DO OTERO PEDRAYO! 


Coincidindo co día Mundial da Radio, 13 de febreiro, o alumnado de 6º comezou a súa andanza na radio. Gravaron este primeiro programa, no que, a pesar dos nervios iniciais, desfrutaron e achegáronse a este novo recurso.


Aquí podedes escoitalo:


Mañá tamén contamos cun programa especial de San Valentín, preparado polas nenas e nenos de 5º. 



Non volo perdades: https://go.ivoox.com/rf/82074619



Agardamos o disfrutedes tanto coma nós! 










Nestas semanas ademais imos buscarlle nome a radio. Pasádevos pola biblio e anotade se tedes algunha idea ou mandádea ao Instagram da biblio @bibliolaracha ou ao correo electrónico: radiolaracha22@gmail.com


Conectamos nas ondas moi pronto! 

Ata pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario