domingo, 13 de marzo de 2022

Contacontos con Paco Nogueiras

 Ola ola de novo!

Pouco a pouco imos recuperando a normalidade e que ben senta. Dende a semana pasada xa volvemos ter os nosos recreos por nivel para disfrutar da biblio e iso agradécese!

E esta venres tamén volvemos ás "propostas presenciais", pois contamos cunha actuación de contacontos do noso querido Paco Nogueiras

Os peques de 5º de Infantil puideron disfutrar dunha sesión musical de contacontos, nos que reviviron contos xa coñecidos como Quen é ese becho?,  Animais ou Elmer, da editorial Kalandraka. 

Ademais Paco agasallounos cunhas dedicatorias nos seus libros que temos na nosa biblio!

Que ben o pasaron!

Aquí vos deixamos un pequeno resumo: 

Pronto máis cousiñas!

Apertas

Ningún comentario:

Publicar un comentario