Boas a todas e todos e benvidxs a un novo curso en BIBLIOLARACHA!!
Comezamos este curso 2026-2027 cun novo proxecto. O PDI deste curso é UN CURSO ANIMADO, no que aprenderemos sobre os debuxos animados e o mundo da creación animada. Pouco a pouco iremosvos contando as distintas propostas que se desenvolvan dende a biblioteca e tamén nas aulas.
Como proposta inicial, para introducirnos nesta temática, e dadas as circunstancias nas que nos atopamos na biblioteca (non está aberta de xeito habitual por unha obra no centro), este trimestre podedes empregar a CAIXA ANIMADA nas vosas aulas xunto co material que trae. Aquí quedan as indicacións:
Tamén están dispoñibles distintas novidades relacionadas co PDI que podedes consultar e levar en préstamo.
Tamén vos deixamos a INFORMACIÓN sobre a proposta final do PDI, xa que estrearemos a 1ª GALA DE PREMIOS RAMONIÑO DE ANIMACIÓN.
Pronto compartiremos recursos e as primeiras actividades da nosa biblio.
Un saúdo!





