xoves, 2 de xuño de 2022

Animación á lectura: Celtia Figueiras e Toupiciencia

 Ola ola de novo!

Hoxe compartimos con todos e todas vós dúas actividades que tivemos na nosa biblio de animación á lectura, por parte da compañía "A Xanela do Maxín"


Tivemos a sorte de contar coa visita de Celtia Figueiras, co seu contacontos "Ú´la lúa?"

O alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria quedou marabillado! E estamos desexando coñecer a segunda parte desta entrega, que según nos chivou Celtia, agárdase para setembro! 


Ademais deixounos uns exemplares firmados con moito agarimo para a nosa biblio! Que sorte!



As nenas e nenos de 1º de Primaria e 6º de Infantil puideron disfrutar coa actividade de "Toupiciencia", da man de "Petronio" e a Toupiña. Canto nos rimos e tamén canto aprendemos! Poñeremos os experimentos pronto en marcha! 

Para o próximo curso quremos máis visitas!
Vémonos pronto amiguiñxs!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario