Ola de novo nenas e nenos!
Hoxe traemos de novo as LECTURAS EN VOZ ALTA por parte do alumnado.
Este mes, como non podía ser doutra maneira, adicado ás Letras Galegas, das que podedes encontrar novidades na Biblio, e tamén todas en galego, na nosa lingua, con algunhas traducións da homenaxeada este ano: Xela Arias.
Nesta ocasión, todas as lecturas feitas polo alumnado son en galego, pois valoramos enormente a nosa lingua como ben cultural e propio. Aquí as tedes.
O alumnado de 4ºA, móstrannos parte da vida de Xela Arias a través da súa biografía. texto que prepararon eles mesmos.
Pedro, Manuel, Pablo e Sophie, nenas e nenos de 3ºC, len o conto que escribiu con tan só 11 anos, e que a fixo darse a coñecer como poeta e escritora "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia".
Len Antía, Xoel, Cristian e Daniela, de 6ºC, que len "As bruxas", un clásico de Roal Dahl, da editorial Xerais, traducido por Xela Arias.
O alumnado de 5ºC, le un frangmento de "Contos por teléfono", archicoñecido libro tamén de Gianni Rodari, traducido tamén por Xela, da editorial Kalandraka. Len, nesta última videolectura Adrián, Belén, Jorge, Nadín, Enzo e Laura.
Ata pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario