xoves, 19 de decembro de 2024

BO NADAL!

BOAS DE NOVO!

Estamos a piques de rematar o primerio trimestre no que fixemos distintas actividades na biblio. Este ultimo mes de decembro o adicamos a facer diferentes activiades relacionadas co Nadal.

ESPAZO FEDELLEIRO

EXPOSICIÓN DE EXEMPLARES


LECTURAS EN VOZ ALTA


E como non podía ser doutra maneira, rematamos tamén este trimestre dando un GRAZAS ENORME ao alumnado voluntario que axuda cada día na biblioteca, sen vós non sería posible todo o traballo! 

Por último, como cada nadal, compartimos con vós unha chea de novidades lectoras que podedes pedir na vosas cartas a Papá Noel, o Apalpador e aos Reis Magos. Un conto ou libro sempre será un bo regalo!



Desfrutade das vacacións cos vosos seres queridos! En nada estamos de volta!

Apertas!


mércores, 18 de decembro de 2024

LECTURAS 25N

 Boas  a todas e a todos.

Continuamos no mes de novembro coas lecturas en voz alta, esta vez para conmemorar o 25N, o Día Internacional contra a violencia de xénero.




Os compis de primeiro, leron "Maruxa"de Eva Mejuto e Mafalda Milhões, de Oqo. Lerono Alba, Dario, César, Carlota, Aldara, Brais, Marta e Lola.



O libro "Los hombres no pegan"de Beatriz Moncó, da editorial Bellaterra, lerono Beti, Rosalia, Noa, Enmanuela, Enzo, Tomás, Lara, Navia e Leo, de 3ºA, para os nenos e nenas do segundo ciclo.

Para o terceiro ciclo leron os alumnos de 5ºA: Lola, Noa, Sabela, Marcos, Isaac, Leia, Lucía e Iker, o libro "Ao revés", de Florence Hinckel, da editorial Sushi Books.

Moitas grazas a todos e a todas.

Ate pronto.