luns, 11 de abril de 2022

Mochilas viaxeiras 2º ciclo

 Ola de Novo biblipingueirxs!

Seguimos compartindo as nosas propostas.

Aquí podedes ver as rapaces e rapazas que levaron para as súas casas as mochilas viaxeiras temáticas. 

Aquí están Yago de 4ºA, Borja de 4ºC e Alba de 4ºB.

De 3º contamos con Nos, Mateo e Marcela.


Na seguinte semana levaron a mochila nas aulas de terceiro Martín, de 3ºA, e Aitor e Alba de 3ºC

Por aquí temos a Laura e Alexia de 4ºC, e a Hugo de 4ºA.


E de momento aquí deixamos aos últimos aforutanadxs. De 3ºA, Daniela; de 3ºB Carlota e de 3º C Pedro. E  Borja e Pedro de 4ºC, xunto con Martina, de4ºA.



Agora a esperar que o alumnado disfrute delas!!

domingo, 10 de abril de 2022

Premios Concurso Entroido

Boas de Novo!

Estas últimas semanas foron moi atarefadas e tiñamos pendente ensinarvos cousiñas. Entre elas, as aulas gañadoras do concurso “O disfrace do Otero Pedrayo”, proposta do pasado Entroido, no marco do PDI do centro GALICIA MEIGA.


Aquí os tedes:

En Infantil o premio levouno a aula de 6º de Infantil C, co seu disfraz “A meiga das cunchas”.

No primeiro ciclo, cos votos moi empatados, levouse o premio a aula de 2ºB, coa súa idea de “Chuvia de Galicia”.

No terceiro ciclo, foi 6ºA a aula gañadora co disfraz “Entroidiña”.


NORABOA rapaces e rapazas!! 

Agardamos que disfrutedes deses agasallos e moitas grazas a todxs por participar.

Ata pronto!!

sábado, 2 de abril de 2022

2 de abril (día do Autismo): Unha feliz viaxe

 Ola a todxs!!

Como vos comentábamos fai uns días, hoxe día 2 de abril, é o día mundial da concienciación do Autismo. 

Nunha entrada anterior vos deixamos información interesante e vos invitábamos a participar nesta iniciativa: http://bibliopingas.blogspot.com/2022/03/pola-visibilidade-dia-do-autismo.html


En colaboración cos centros do concello, CEIP de Caión e CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, fixemos esta actividade de visibilización por unha "Feliz viaxe pola vida", recordando que todos e todas podemos ser felices sexamos como sexamos. 

Aquí vos deixamos un vídeo do alumnado:

Ata pronto!