mércores, 6 de maio de 2026

LECTURAS EN VOZ ALTA EN ABRIL

Boas compis!

Neste abril, os nenos e nenas, adicaron as lecturas en voz alta ao proxecto do centro: "Xuntos imos dar a vota ao mundo", lendo distintos fragmentos de libros relacionados cos diferentes países que se están a traballar no cole.

Os nenos e nenas de 3ºC, Reitchell, Martín, Noa, Izan, Hatria, Alicia e Pablo e Carlota, Hugo, Martín, Álex e Martina de 5ºD leron "Historia y mitología de Irlanda para niños curiosos" de Lila Brightwood (Irlanda), "Bandoola. El gran rescate de los elefantes" de William Grill da editorial Zorro Rojo (India) e "Cómo sobrevivir al antiguo Egipto" de El fisgón histórico de EDEBÉ (Exipto).



Para o primeiro ciclo leron Bruno, Unai, Martina e Zoe de "Viaje a Japón" de Miss Paty de Errata Naturae Editores. e Clara, Tiago, Efrén, Gabi e Javi, de  leron "Lolota viaja a Italia" de Ángel Fernández Fermoselle da editorial Kailas



Moitas grazas a todos os nenos e nenas que se animan a ler aos compañeiros/as.


Vémonos pronto =)

DIA DO LIBRO

Boas nenos e nenas!

Para conmemorar o Día do Libro organizamos un bingo literario na biblioteca, no que participaron todos os cursos de infantil e primaria ao longo do día. A aula gañadora levouse un trofeo de Ramoniño, pero todos os nenos e nenas recibiron unha pulseira do Día do libro pola súa participación. Foron algúns colaboradores e colaboradoras da biblioteca os que dinamizaron esta actividade aos seus compañeiros e compañeiras.









Feliz Día do Libro!

OBRADOIRO DE IMPRENTA CREATIVA

 Boas amiguiños!

Este ano, como parte dos obradoiros creativos que adoitamos facer, os nenos e nenas de 1º de primaria participaron nun obradoiro de imprenta creativa impartida por Alouette Machine. Trouxeron a súa imprenta ambulante chea de materia que nos deixou coa boca aberta. O alumnado aproveitou para facer carteis de Xapón, o país no que está a traballar o primeiro curso. 








Que vos parecen os carteis que fixeron?


Ate pronto!

NOVIDADES 3º TRIMESTRE

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Aquí están as novidades que temos na biblioteca este trimestre.

INFANTIL


1º CICLO


2º CICLO


3º CICLO


Aproveitamos tamén este espazo para agradecer aos colaboradores e colaboradoras do segundo trimestre, que estiveron traballando para que a biblio funcione á perfección nas horas do patio.


Vémonos pronto

xoves, 23 de abril de 2026

8 M

 Ola ola!


Para conmemorar o DIA DA MUL LER, dende a biblioteca fixemos unha exposición cos exemplares que temos sobre esta temática e organizamos as nosas lecturas en voz alta entorno a dita temática.





Para os nenos e nenas de 1º ciclo leron os nenos e nenas de   1º: Daniela, René, Julia, Noa, Luca e Manuel. Nesta ocasión leron "El niño que no quería ser azul. La niña que no quería ser rosa", de Patricia Fitti (Destino).


Para os nenos e nenas de 2º ciclo  de 3ºB Brais, Joao, Daniela, Inés, Alba, Rim, Valentina, Mario e Lucas leron "Cuentos de buesnas noches para niñas rebeldes" de Elena Favilli y Francesca Cavallo de Planeta.
 


E, para os nenos e nenas de 3º ciclo  Elsa, Yaiza, Maira, Antía, Nuria e Andrea de 5ºC leron tamén "Cuentos de buenas noches para niñas rebeledes" de Elena Favilli y Francesca Cavallo de Planeta.





Ate pronto!

mércores, 11 de febreiro de 2026

DIA DA PAZ

Ola ola!

Comezamos o segundo trimestre celebrando o DIA DA PAZ. Dende a biblioteca fixemos unha exposición cos exemplares que temos sobre esta temática e organizamos as nosas lecturas en voz alta mensuais tamén con libros relacionados coa PAZ. 




Para os nenos e nenas de 1º ciclo leron os nenos e nenas de 2ºC: Marta, Xoe, Lionel, Alén, Roi, Lola, Sofía, Julia, Carlota e Óscar. Nesta ocasión leron "¡Los osos no comparten!", de Lorna Scobie (Ediciones Jaguar).


Para os nenos e nenas de 2º ciclo  Marcos, Sofía, Daniel. Álvaro, Daniela, Alejandro, Mateo, Lía, Helena, Sergio, Thiago e Nerea de 4ºC leron "Wangari Maathai. La mujer que plantó millones de árboles" de Franc Prévot e Aurélia Fronty (Editorial Blume).
 


E, para os nenos e nenas de 3º ciclo  Lucía, Lola, Sabela, Marcos, Iker e Isaac de 6ºA leron "Bullyng" de Álex Alonso de XERAIS.





Deica pronto!

NOVIDADES XANEIRO

 Ola, ola!

Compartimos con vos as novidades que temos dispoñibles na biblio este trimestre

IFANTIL

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO

Ate pronto!!

LECTURAS DE NADAL

Boas amiguiños e amiguiñas,
Compartimos por aquí as últimas LECTURAS EN VOZ ALTA do 1º trimestre, que se centraron en contos coa temática do Nadal


Para os nenos e nenas de 1º ciclo leron os nenos e nenas de 2ºC: Aidan, Milvia, Aldara, Roi, Matte e André. Nesta ocasión leron CORAZÓN DE INVERNO, de Alessandro Montagnana (Editorial Nube Ocho).


Para os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo lerononse distintos fragmentos de NADALARIO de Rena Ortega  (edicións Cumio). 
Joel, Nagore, Laia, Nuria, Alma, Uxía, Leo, Sonia e Mengnan de 4ºB leronlle ao nenos e nenas de 3º e 4º.


Valeria, Mauro, Hugo, Gabriel, Carmen e Santi  de 5ºB leronlle aos nenos e nenas de 5º e 6º.




Deica pronto!