luns, 8 de abril de 2024

Visita de Paco Nogueiras!

 Ola ola!

Comezamos este novo trimestre coa visita de PACO NOGUEIRAS, que veu presentarnos o seu novo traballo: un libro-disco chamado SON ANIMAL, da man de Kalandraka e que pronto teremos na nosa biblio.

O alumnado de 1º de Primaria e 6º de Infantil puido disfrutar coma sempre da súa música e das súas historias!

Grazas PACO polas túas visitas! Vémonos na próxima! =)


Aproveitamos esta entrada tamén para AGRADECER CON UN XIGANTE GRAZAS ao gran equipo de alumnado colaborador do 2º trimestre. Foi un pracer contar con todas elas e eles para as tarefas da biblioteca. 

Algúns e algunhas deles repiten pero temos que dar paso a outro alumnado voluntario. Para o próximo curso contamos con vós seguro!


Vémonos pronto coas propostas do MES DO LIBRO! =)


Ningún comentario:

Publicar un comentario