martes, 26 de febreiro de 2019

Lecturas en febreiro

O vindeiro 28 de febreiro no recreo haberá lecturas na biblioteca. Leranse novidades que acaban de chegar. Vas a perdelo? Esperámoste.


mércores, 20 de febreiro de 2019

Contacontos Kalandraka

O pasado 6 de febreiro viñeron Sara e Álex de Kalandraka para amenizarlle a mañá cos seus contos aos nen@s de primeiro.
Aquí vos deixamos un vídeo con algunha foto dese día.


luns, 18 de febreiro de 2019

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA



O 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do seu nacemento, celébrase o día de Rosalía de Castro.
Aquí vos deixamos unha pequena biografía da escritora galega máis ilustre.

ROSALÍA DE CASTRO 
(1837 – 1885)
Naceu en Santiago de Compostela. Foi bautizada cos nomes  de María Rosalía Rita. Filla de pais descoñecidos. Sábese moi pouco da súa educación. Na escola mostrou talento como poeta e tamén lle gustaba o debuxo, a música e a declamación.
Rosalía de Castro casou con Manuel Martínez Murguía, escritor galego. Ao ano seguinte Rosalía ten a súa primeira filla, Alejandra, á que seguirán seis fillos máis.  O seu domicilio cambiou varias veces, entre Madrid e Simancas, onde escribiu a maioría dos poemas de "Follas Novas". Rosalía nunca desfrutou de boa saúde. Loitou contra enfermidades. Viviu adicada ao seu fogar, aos seus fillos e ao seu marido, nunca aspirou á fama. O seu marido foi quen a convenceu para que publicara as súas obras. Morreu de cancro ao 48 anos na súa casa de Padrón, a cal é hoxe un museo.
Compuxo os seus primeiros versos aos 12 anos de idade. Aos 17 anos xa era coñecida no "Liceo de San Agustín". 
Coa súa obra "Cantares Gallegos", situouse como precursora, xunto con Curros Enríquez e Pondal, do Rexurdimento cultural de Galicia. A súa obra mestra en castelá é "En las orillas del Sar".    





luns, 11 de febreiro de 2019

Lecturas para os peques do cole

Os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro fomos a lerlles aos peques do colexio. Carla liulles o libro de Renato, unha historia dun reno un tanto despistado. Zaira liu Nadarín, un peixe pequeno pero moi grande. Os nen@s estiveron moi atentos aos contos e aplaudíronnos moito. Que ben se portaron!!!



Aquí están as lecturas para a Paz 2019

O día 30 de xaneiro tivemos na biblioteca as lecturas da paz. Foi un éxito de público. Grazas aos lector@s e aos asistentes.


Esperámosvos nas vindeiras lecturas.

mércores, 6 de febreiro de 2019

Novidades de febreiro 2019

Xa temos aquí as primeiras novidades da nosa biblioteca no 2019.

Para educación infantil:






Para os primeiros lectores:








Para os lectores autónomos:




Para os lectores expertos:



Ademais hai novidades en cómic:


Que me dis de probar a facer algunha receita na casa? Mira que apetitosas.

Boa lectura!  e bo proveito!