venres, 23 de abril de 2021

Día do Libro: 23 de abril

Boas nenas e nenos!

Estamos xa recibindo pola biblio as vosas creacións de "CONTOS ENXAULADOS", a proposta para traballar o libro neste mes tan intenso. 

Para a semana poderanse ver no novo espazo de biblio, así que conta atras... tic tac tic tac =)

Deixámosvos por aquí dúas cousiñas para estes días:

A primeira é unha breve recopilación en Genially de CONTOS EN VÍDEO e CORTOS sobre a lectura e os libros, como non podía ser doutra maneira neste 23 DE ABRIL. Clicade para velo.

Como cada mes, tamén compartimos con vos as LECTURAS EN VOZ ALTA que fai o alumnado, tamén adicadas ás palabras, a lectura e a importancia de escoitar. 

De 1ºB len Lola, Mateo, Isaac, Estela e Noa: "Confundindo historias", de Gianni Rodari (ed. Kalandraka). 



Laia, Alex, Naevia, Martín e Javi
, de 2º B, lennos 

"Unha última carta",  de Antonis Papathedoulo (ed. Kalandraka). 


En 5º, Hugo, Yerai, Lucía e Minia lennos teatro coa historia 

"O castelo da Pena Redonda máis o tolo da contorna", 

de Celia Díaz, o colectivo A Pinguela Teatro Escolar.


Por último, Alicia, Sara, Martina, Daniel, Mauro e Victor, de 6ºA, comparten "Érase una vez Don Quijote", clásico donde os hai, de Miguel de Cervantes, adaptación da editorial Vicens VIves. 



Agardamos que disfrutedes de todos estes recursos.
Vémonos pronto!

xoves, 15 de abril de 2021

Tempo de espera...

 Boas amigos e amigas da nosa biblio!

Como vedes andamos un pouco "desconectad@s" nestas semanas... pero é por unha gran razón:

A NOSA REAPERTURA ESTÁ CASE LISTA!!!!!! 

E aínda que polas redes non se nos ve non paramos de traballar!

Para este mes de abril, que é o MES DO LIBRO, temos moitas propostas que queremos compartir con vós, con toda a comunidade educativa.

Ademáis de facer a nosa reapertura e inaguración do novo espazo, temos dúas propostas:

VIDEOLECTURAS do mes de abril. Na próxima semana poderedes velas.

I Concurso de "Contos enxaulados",  que estarán expostos na biblio a partir da semana que vén tamén. Compartiremos as vosas creacións cando as teñades listas! 


Vémonos prontiño!

Saúdos =)