luns, 25 de marzo de 2024

Obradoiros na nosa biblio: ilustración e banda deseñada.

 Ola a todas e todos.

Volvemos por aquí para compartir con vós que este mes de marzo estivemos cheíños de actividades pola nosa biblio.

Aproveitando que o lema das bibliotecas escolares este curso céntrase na BANDA DESEÑADA, estivemos ampliando os nosos fondos deste xénero e propuxémonos afondar un pouco no debuxo, na ilustración e na importancia da imaxe na literatura. 

Ademais, no próximo mes de abril, O MES DO LIBRO, queremos que o alumnado participe nunha proposta creativa relacionada coa banda deseñada. 

Así, parte do noso alumnado puido disfrutar este mes duns obradoiros de ilustración e cómic

O alumnado de 2º de Primaria pasouno en grande con PABLO OTERO. Un obradoiro centrado na creatividade para crear unha personaxe, onde os materiais de refugallo e a imaxinación do alumnado foron os protagonistas. 


LUCÍA COBO acompañou o alumnado de 4º de Primaria na iniciación ao debuxo e a ilustración, partindo da súa experiencia. Tras unha breve charla sobre o seu traballo e como xurdiu a súa paixón pola ilustración, o alumnado púxose mans á obra coas súas creacións. 


Por último, tivemos tamén o pracer de recibir a XULIA PISÓN, ilustradora de banda deseñada en galego. O alumnado de 6º tivo a oportunidade de coñecela e ademais desfrutar dun obradoiro moi completo no que paso a paso descubriron como crear personaxes, como dotalas de vida, como crear un bo storyboard...


Aproveitamos por suposto para que estas autoras nos firmasen os exemplares que temos na biblioteca, pois non todos os días podemos desfrutar destas visitas tan especiais!

Xa vedes que non paramos non? Grazas a todxs por aceptar a nosa invitación.

Despedímonos deste trimestre con estas propostas, pero atentxs, que abril pronto chega e volvemos coas pilas cargadiñas!

Deica pronto e a desfrutar destes días de descanso!

luns, 18 de marzo de 2024

Lecturas en marzo

 Boas bibliopingueirxs!!

Este mes radicamos as lecturas en voz alta ao TEATRO (27 de marzo) e e POESÍA (21 de marzo), pois ambos teñen o seu día neste mes de marzo.

Os exemplares lidos foron os seguintes:

Esta ocasión, o alumnado de 5ºB de primaria leu un fragmento de teatro escolar para o alumnado de 3º ciclo:  O CASTELO DE PEÑA REDONDA, O MáIS TOLO DA CONTORNA, escrito por Celia Díaz Núñez, da editorial Fervenza. 

Son Mía, Alba, Paula, Simón, Sofía, Diego e Martín. 


Para o 2º ciclo, o alumnado de 3ºA leu parte de SOMOS OS MONSTROS, de Paula Carballeira, editado por Xerais. 

Leron Carmen, Daniela, Ángeles, Alejandro, Oliver e Sebas.


O alumnado de 1º leu varios poemas de VERSOS DE CUENTO, de Carmen Gil e ilustrado por Gusti (editorial SM), para os seus compañeiros e compañeiras de ciclo. 

 Son Nil, Ana, Laia, Daniella, Jorge e Alba.


Graciñas a todos por vir escoitar e tamén, coma sempre, o alumnado lector!

Vémonos pronto =)


domingo, 10 de marzo de 2024

8M: Día da MULLER e Semana da Prensa

 Boas biblipingueirxs!

Dende as distintas coordinacións do centro, decidimos facer unha proposta para afondar na importancia do 8 de marzo 8M: DÍA DA MULLER. 

Aproveitando que se solapaba coa Semana da Prensa, decidimos traballalo de forma conxunta no cole, relacionando así mesmo a actividade coa temática anual das Olimpiadas e do deporte. Facede click na imaxe para acceder ao documento:

Cando o noso XORNAL estea listo, ensinarémosvos o resultado.

O equipo de Biblioteca preparou tamén unhas propostas interactivas de xogo para coñecer algunhas mulleres olímpicas españolas. Pinchade na imaxe para pasar un anaco divertido:


 Tamén, en relación co noso PDI "Xogos Olímpicos. Valores de Ouro", recibimos no cole a visita de dúas mulleres do mundo deporte: Noelia Loureiro, adicada a Salvamento deportivo; e Zeltia García, xuíza e entrenadora de ximnasia artística. 

O alumnado de 3º e 4º puido coñecer a Noelia e facerlle preguntas o propio día 8. Despois pasouse pola nosa radio para gravar unha pequena entrevista.


E ata aquí as nosas propostas para seguir visibilizando as mulleres e, este ano especialmente, a presenza das mulleres no ámbito deportivo.

Vémonos pronto!



mércores, 6 de marzo de 2024

Novidades na biblio!

 Ola de novo a todas e todos!

Hoxe vos traemos NOVIDADES que chegaron á biblioteca e que por fin xa están no noso catálogo.

Aquí tedes ao ALUMNADO COLABORADOR que vos contan cales son:

Pasádevos pola biblio para levalas en préstamo!

Deica logo =)