xoves, 28 de maio de 2020

Entrevista a ÉRICA ESMORÍS

Boas de novo amiguiñ@s!!

No día de hoxe queremos ensinarvos a entrevista que prepararon as profes e as nenas e nenos de 3º de Primaria para Érica Esmorís, a autora de "O poder de Amabel".

*Fotos extraídas da páxina de Érica Esmorís.

Este libro formou parte do itinerario lector do alumnado de 3º de Primaria durante este curso. A visita de Érica estaba planificada para o mes de abril pero, dadas as circunstancias que todos e todas coñecemos, non se puido facer.

Isto non frenou as ganas que tiñan estes rapaces e rapazas de preguntarlle a autora e decidiron facelo nunha entrevista online, á que Érica se prestou con moito gusto!
Aquí vola deixamos!

Esperamos que o próximo curso, Érica si nos poida visitar =)

Este é o enlace a súa páxina por se queredes coñecer máis dela e dos seus libros: http://ericaesmoris.com/

Ata outro día!

martes, 26 de maio de 2020

As "NOSAS PITAS" baixo a choiva

Bo día a tod@s!!!!
Rematamos xa coas propostas que quedaron das LETRAS GALEGAS 2020. 

Hoxe traémosvos os DEBUXOS DAS PITAS, que os peques de Educación Infantil fixeron con moito amor e moita graza para ilustrar a historia de Ricardo Carvalho Calero.

Aquí vos deixamos os collages!
Graciñas de novo por participar.






Podedes ver tamén outra vez o conto de "As pitas baixo a choiva". 
Nestes días foron moitos os coles, profes e alumnado que fixeron cousas ben bonitiñas. 
Aquí unha versión animada que fixeron do CEE  Garatuxa de Vilagarcía.

E outra canción feita por un mestre chamado Iván Vale:

Que o disfrutedes. Ata a próxima!





luns, 25 de maio de 2020

Marcapáxinas Letras Galegas 2020

Ola outra vez!!

Comezamos a semana ensinándovos os vosos xeniais MARCAPÁXINAS.

Nas vosas escollas saíron palabras moi bonitas da nosa lingua: 
TRAPALLEIRO, CURUXA, RIQUIÑO, AGASALLO, AMABILIDADE, 
LUAR, PEIXE, TOXO, CARBALLEIRA...
 
E outras moi repetidas, que deben ser as favoritas, como: AGARIMO, LEDICIA, AMIZADE, APERTA OU MORRIÑA.

Moitísimas grazas de novo por participar!
Picade na imaxe para poder ver a presentación.

Esperamos que vos guste! 
Unha aperta moi galega! =)

venres, 22 de maio de 2020

Os contos populares da Laracha

Ola de novo nenos e nenas da Laracha!

Neste mes de MAIO xa sabedes que vos pedimos que participarades en varias actividades.
Por fin hoxe vos presentamos...
"OS CONTOS POPULARES DA LARACHA. 
Na honra de Carvalho Calero"

Moitísimas grazas por participar a todo o alumnado de Primaria e tamén ás súas familias e ás súas titoras por botarnos unha man!

Por fin temos o noso libro, picade na imaxe a a DESFRUTAR!

*Hai un erro no título, é Carvalho Calero, desculpade as molestias =(

Unha aperta! 

luns, 18 de maio de 2020

UN CÓMIC MOI ESPECIAL

Como sabedes, onte foi o gran día da nosa lingua, AS LETRAS GALEGAS. 
Xa na semana pasada vos fomos poñendo enlaces, actividades e máis cousiñas para consultar e disfrutar...

Así que esta semana imos ir presentando todo o que nos mandastes e homenaxear así a nosa lingua. 
Hoxe traémosvos unha publicación moi especial. 

Os rapces e rapazas de 6ºA, xunto coa súa profe Cris, crearon un cómic moi especial... 

Pinchade na imaxe para poder velo!

Que o disfrutedes! Unha aperta.

xoves, 14 de maio de 2020

Letriñas 2020 Infantil

Boas de novo!! 
Hoxe a entrada vai adicada aos máis peques do cole, ás nenas e nenos de Educación Infantil. 

Queremos propoñervos unha actividade sobre Carbalho Calero e o conto
"As pitas baixo a choiva" e outra, na que podedes participar, facendo o voso propio marcapáxinas (xa o publicamos fai uns días).

1. Xogade neste enlace para coñecer un pouquiño máis sobre o autor (feito por unha mestra do CPI de Vedra):
 Ricardo Carballo Calero. 

2. Mirade atentamente e escoitade o conto AS PITAS BAIXO A CHOIVA, tedes dúas versións.


3. Podedes mover o esqueleto con esta música: 

Aquí tedes tamén o conto en PDF:https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

4. ACTIVIDADE
Trátase de que fagades un DEBUXO LIBRE sobre unha PITA/GALIÑA. 
Despois sacade unha foto ou escaneade (camScanner) e mandádeo ao email da biblio: bibliolaracha@gmail.com

Con todas as vosas creacións faremos un gran collage! 

5. MARCAPÁXINAS cunha palabra en GALEGO. 
Aquí tendes as indicacións e tamén un vídeo explicativo (fixádevos só na segunda parte, no do marcapáxinas).

Animádevos a participar! Esperamos as vosas pitas e os vosos marcapáxinas coa vosa foto!!
Tedes ata o VENRES 22 DE MAIO para envialo.
Unha aperta!

mércores, 13 de maio de 2020

Máis Letras Galegas, máis RETOS


Boas amiguiños e amiguiñas!

Hoxe traémosvos varias propostas máis para que pasedes un bo anaquiño aprendendo sobre o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas: RICARDO CARBALLO CALERO. 

1. A primeira é para Infantil e Primaria. Ten moitos datos do autor, pequenos xogos e enlaces a actividades. Foi feito polo equipo de profes do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, de Pontevedra.

Clicade aquí: https://view.genial.ly/5ebb9c83bdaf590d71d5aacf/presentation-letras-galegas-2020-copia


2. Tamén para Infantil e Primaria, neste caso trátase dun xogo tipo Scape Room que comparte unha compañeira do CEIP A Laxe (Ferrol). 
Pinchade en "Sign in as Guest Student" para poder xogar...


Educación infantil https://deck.toys/rociotestclass2388

1º e 2º Educación primaria https://deck.toys/hackerworking

De 3º a 6º de , Educación primaria https://deck.toys/hackereando 


3. PREGUNTOIRO MUSICAL. Estas nenas no confinamento fixeron unha actividade chulísima con preguntas e respostas pero cun estilo musical. Bravo!





Que disfrutedes xogando! Unha aperta!



martes, 12 de maio de 2020

Máis historias

Hoxe queríamos deixarvos o traballo de dúas profes do cole. 

A profe CHUS, de 2º de Primaria, que nos conta "O pez Arcoiris" e, a Historia dos Libros da profe ISA, de Relixión. 

O PEZ ARCOIRIS - CHUS


A HISTORIA DOS MEUS LIBROS - ISA


Esperamos que vos gusten! Elas fixérono con moito cariño

Saúdos amiguiñ@s! 

xoves, 7 de maio de 2020

A HISTORIA DOS LIBROS, POLO ALUMNADO DE 6º

Ola ola!


Acordádesvos que fai un par de semanas vos trouxemos 
"As historias dos libros" dalgunha profe e de rapaces de 6ºA?
Pois hoxe deixámosvos aquí o traballo do alumnado de 6ºB


Que o disfrutedes! 

LARA

SARA G. 

NATALIA

CELIA

SARA


MARCOS


BRAIS


Grazas por compartir os vosos traballos rapaces e rapazas! =)

ATA PRONTO!

mércores, 6 de maio de 2020

Máis LETRAS GALEGAS: Ricardo Carballo Calero


Nesta entrada traémosovos cousiñas sobre Ricardo Carballo Calero e as LETRAS GALEGAS 2020.

Como sabedes, no cole o EDLG, o equipo de dinamización da Lingua Galega, recopilou no seu blog enlaces e actividades moi interesantes que vos animamos a que visitedes. 
Pinchade na imaxe para aceder ao blog de Galeguiño:



Aquí vos deixamos un vídeo sobre a vida e obra de Ricardo Carballo Calero:

Nestes enlaces tedes máis información e xogos
Ata a próxima!

martes, 5 de maio de 2020

MAIO: Letras Galegas 2020

Boas nenos e nenas do Otero Pedrayo!!
Hoxe traemos NOVAS PROPOSTAS para este mes, nas que esperamos a vosa participación!


Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG (equipo de Dinamización da Lingua Galega) estivemos pensando en que actividades podíamos facer neste mes de maio, aproveitando a celebración das Letras Galegas 2020, que este ano están adicadas a Ricardo Carballo Calero.


Esta data é realmente importante para nós, as persoas galegofalantes, pero en xeral, para todo aquel que quere, admira e valora a Lingua Galega.
Neste mes, e no día do 17 de maio, é cando o conmemoramos de xeito máis visible, pero como dicía Manuel María “O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala, non seremos ninguén”.

Animámovos a que participedes, mirade este vídeo explicativo. 


Aquí vos deixamos as indicacións: 




Para completar o día deixámosvos aquí unha adaptación dun dos poemas máis coñecido de Curros Enríquez "Maio". O Consello de Cultura Galega (CCG) xunta neste vídeo musical diversas influencias con voces coñecidas do panorama musical galego... Esperamos que vos guste. 





Esperamos a vosa participación! Unha aperta!


luns, 4 de maio de 2020

ÚLTIMAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS

BOS DÍAS!

Aquí vos deixamos o último vídeo coas vosas recomendacións lectoras. Esperamos que vos guste e, de novo, darvos as GRAZAS por participar! 
Agora só tedes que LER e disfrutar das lecturas. 



Estade atentas e atentos esta semana porque imos publicar novas propostas con motivo da celebración das LETRAS GALEGAS.

Un saúdo!

sábado, 2 de maio de 2020

MÁIS RECOMENDACIÓNS LECTORAS


BOAS!

Hoxe traemos un novo vídeo coas vosas recomendacións!
Se non vos vedes, non vos preocupedes, que aínda falta a terceira ronda!

De novo, moitísimas grazas por participar, a tod@s vós, profes, nenos e nenas do Otero Pedrayo e as familias por colaborar.


Unha aperta grande!