martes, 23 de marzo de 2021

AS NOSAS SUPERHEROÍNAS

 Boas de novo a tod@s! 

Como vos contábamos a semana pasada, no Día da Muller propuxemos facer unha homenaxe ás mulleres da nosa vida, acorde co PDI do centro: Superheroes e superheroínas de corazón. 

E aquí está o resultado!

Podedes ver esta exposición no hall do edificio de Primaria e nas entradas do edificio de Infantil. 

Clicade nos vídeos para poder velo.
Zona INFANTIL

Zona PRIMARIA

Vémonos pronto! =)

luns, 8 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER: RECURSOS

 Bo día nenas e nenos do Otero Pedrayo!

Como igual xa sabedes hoxe é un día moi importante, hoxe é 8 DE MARZO:

DÍA DA MULLER

E como todavía nos queda moito camiño que andar, queremos que camiñedes con nós cara a parada máis relevante: a IGUALDADE. 

Ramoniño xa vos contaba e vos propoñía unha proposta para facer, sobre as vosas "Heroínas favoritas", sobre o gran papel que teñen as nosas mulleres no noso día a día. E cremos que vos gustou moitísimo.  Aquí podedes velo de novo:

Dende o equipo de Biblioteca preparamos ademais para todas e todos vós unha che de RECURSOS para traballar este día. 

Queredes velos?

Clicade aquí e son todos vosos! Agardamos que vos gusten!


Ata pronto!