luns, 21 de decembro de 2020

Ata o próximo ano!

Boas amigos e amigas do Otero Pedrayo!

Este ano chega xa o seu fin... e non queremos queixarnos, a pesar de que todo esta sendo máis difícil do que nos gustaría, porque temos uns nenos e nenas, unhas familias e un profesorado increíble! 
Temos moitas razóns para sentirnos orgullosas e orgullosos de todo o traballo durante este primeiro trimestre. 
 Por iso, queremos pedir para toda a nosa a comunidade educativa os mellores desexos: 
AMOR, SAÚDE e FELICIDADE

E... recordades que polo Día da Discapacidade, 3 de decembro, pedíamos que fixerades unha mensaxe ou pequeno desexo para este novo ano en LSE? 
Pois aquí está!

Fixemos esta felicitación de Nadal dun xeito distinto, especial, que esperamos que vos guste e vos saque un sorriso como o fixestes todos vós, nenas e nenos, ó longo deste trimestre. 
Só esperamos que o 2021 nos siga traendo soños, sorrisos, amor, apertas, bicos, tempo coa xente que queremos... porque, ó final, todo isto da pandemia, creo que nos fixo darnos conta do que realmente é importante.

Dende o equipo de Biblioteca despedímonos ata o próximo ano, no que, si todo vai ben, poderemos desfrutar dun novo espazo de Biblioteca. Comezamos pronto as obras e queda moito traballo por diante pero non nos faltan ganas nin ilusión.

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!
Que todos os vosos soños e cumplan.

Unha aperta enorme! =)

domingo, 20 de decembro de 2020

Lecturas de Nadal

 Ola de novo!

Imos xa rematando este trimestre pero non podían faltar as nosas lecturas habituais en voz alta.

Como sabedes, este curso, son gravadas pero eso significa que podemos desfrutalas cantas veces queiramos.Aquí vos deixamos os enlaces ós distintos vídeos. Esperamos que vos gusten!

Martina, Andrea, Simón e Bruno de 2ºC len "Sueños de nieve", un clásico de Eric Carle.


Mario, Carlota, Jimena e Xián de 2ºB len "Cómo esconder a un léon en Navidad", de Helen Stephens.


De 4º A, Pedro C., Martina, Óliver e Ángela len un fragmento de "O apalpador e o tesouro dos mouros", de Fernando Cimadevila.



Por último, o alumnado de 6ºC: Arón, Laura, Irene e Daniel, len varios fragmentos de cartas de J.R.R. Tolkien, "Cartas a Papá Noel"

Estade atent@s... publicaremos a nosa felicitación en LSE moi prontiño!

Saúdos

xoves, 17 de decembro de 2020

Recomendacións para o NADAL

 Ola de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!

Como estades?

Nestlé curso tan atípico, xa case sen enterarnos chegamos ao Nadal e en nada estamos de vacacións.

E para estas datas que mellor agasallo que un libro

Ou por que non pedirllo a Papá Noel, ó Apalpador ou ós Reis Magos?

Dende o equipo de biblioteca queremos deixarvos unhas recomendacións, esperamos que vos gusten! Xa nos contaredes que tal! 

Podedes deixarnos un comentario nesta entrada do blog ou mandarnos un email (bibliolaracha@gmail.com) contándonos que vos pareceron.

Nestes días próximos colgaremos tamén as "Lecturas de Nadal" que fixeron algúns compis e tamén a nosa felicitación en LSE.

Vémonos pronto =)



martes, 1 de decembro de 2020

Día da Discapacidade: Un día para todxs

Ola ola!

O próximo xoves día 3 de decembro, é o Día internacional das persoas con discapacidade, un día, que non debería sinalarse en ningún calendario, pero que aínda o facemos para lograr unha inclusión real. 

Dende a nosa biblioteca queremos propoñervos unha serie de recursos para facer visible esta problemática,  e seguindo o lema de OMS, "Un día para todxs", poñer o noso gran de area. 

Porque con discapacidade ou sen ela, todos e todas somos moi capaces... e vós, as nenas e nenos, moito máis. Na nosa man está poñer as medidas para que todas as persoas poidan aprender, dun xeito ou outro. 

Na biblioteca podedes encontrar algúns exemplares con protagonistas con discapacidade como estes:


Neste caso, quixemos centrarnos na DISCAPACIDADE AUDITIVA.

Aquí tedes as PROPOSTAS:

1. Invitámosvos a VISUALIZAR os seguintes vídeos e debatir sobre eles na aula o día 3.

Para INFANTIL, 1º e 2º de Primaria: 

conto signado "¿A que sabe la Luna?", de kalandraka. 


Outros contos con pictogramas e signados:
"Salvaje", de Emily Hughes: 

"Paco y la música africana", de Magali Le Uche: 
https://drive.google.com/file/d/19eqVY4RubA7v_R30Y4LNGV8p4P2Jph3I/view?usp=sharing


Para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria:  POESÍA

Que es poesía? Dices mientras clavas... Gustavo Adolfo Bécquer

Negra sombra, Rosalía de Casto

(texto: https://www.casavaria.com/gal/castro-sombra.htm)

La poesía, Pablo Neruda

(texto: https://www.neruda.uchile.cl/obra/obramemorial1.html

Como vos sentides? 

Como pensades que se sinten e entenden as persoas con discapacidade auditiva?

Como pensades que se sinten no cole? E como aprenden?


2. De cara ó NADAL, e seguindo a liña colaborativa co Equipo de Actividades complementarias e extraescolares do cole, queremos que expresedes un desexo ou felicitación de Nadal empregando a LSE (Lingua de signos española). 


Hai que grabalo en vídeo horizontal, máximo 30 segundos.
Según o curso no que estedes pode ser unha palabra ou dúas, unha frase ou oración máis longa. 

Desde o equipo de Biblio podemos axudarvos e podedes empregar esta app para dúbidas.

Con todos estes desexos faremos unha montaxe para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa. Porque sexamos oíntes ou non podemos falar... ou non? 

Animádesvos a participar? Tedes ata o MÉRCORES 16 de DECEMBRO para facelo.  


Deixásmovos outros ENLACES DE INTERESE para que sigades investigando sobre a discapacidade:

Guía ilustrada sobre diversidade e discapacidade: https://issuu.com/anundis/docs/diferentes-_gu__a_ilustrada_sobre_l


CORTOS

TAMARA, nena sorda que quería ser bailarina. (Todos os públicos)


Ian, neno en cadeira de rodas. (Todos os públicos): https://www.youtube.com/watch?v=OHma93eZiBY


El sueño de Pedro, Integración persoas con discapacidade auditiva (4º, 5º e 6º):




CONTOS

Óliver y sus audífonos: 


El cazo de Lorenzo, discapacidad xeral  (Todos os públicos)


Hasta que podamos abrazarnos (LSE)

Feliz semana! 



sábado, 28 de novembro de 2020

Lecturas "Día contra a violencia de xénero"

 Boas amigas e amigos do Otero Pedrayo!

Hoxe queremos deixarvos a lectura dos libros seleccionados como parte da nosa conmemoración "Contra a violencia de xénero", pois lendo tamén se aprende a igualdade. 

Agradecer a participación do alumnado de Primaria.

 Pois aínda que este curso ten que ser de xeito gravado, unha gran parte dos nenos e nenas se apuntaron! Así que os iredes vendo por aquí. Graciñas!

Temos que pedir disculpas pola tardanza das publicacións, xa que tiremos problemas técnicos.

RUBÉN, NOA, SOFÍA e SERGIO de 2 C, leron "DANIELA PIRATA", de Susama Isern.


LARA, MARCO, ANTÓN e ALEXIA de 3ºB, leron "A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES", de Adela Turín e Nella Bosnia.  

(Todos os públicos,  axeitado a partir de 1º).


VALERIA, CLAUDIA, IAGO e DANIEL de 3ºA leron "UNHA FELIZ CATÁSTROFE", de Adela Turín e Nella Bosnia. 

(Todos os públicos, axeitado a partir de 2º).



NOA, DANIELA, DIEGO e TEO de 4ºB, leron "Xela volveuse vampira!!" de Fina Casalderrey, ilustrado por Noemí López. 

(Para 4º, 5º e 6º de Primaria)


Esperamos que disfrutedes. 

Vémonos pronto! =)

martes, 24 de novembro de 2020

CONTRA A VIOLENCIA: DICIMOS NON

Boas de novo lectoras e lectores!

Estas son os libros que escollemos para facer as lecturas sobre coeducación, para conmemorar o "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".

O noso gran de area nesta semana é contribuir con lecturas que destaquen valores de igualdade, de respecto dos dereitos, de que ninguén ten dereito a borrar o noso sorriso.

   

               

Porque desde o noso cole implicámonos contra a violencia de xénero, e desde a nosa biblio tamén.

Apoiamos esta iniciativa do Concello participando na proposta "Xanelas" que poderedes ver na web do cole.

Non é non! 

Nestes próximos días subiremos as lecturas ó blogue para que poidades disfrutar das lecturas unha e outra vez!

Ata pronto!

luns, 16 de novembro de 2020

LECTURAS NA BIBLIO

Bo día de LUNS familia lectora!

Hoxe queremos recordarvos que podedes apuntarvos para participar nas sesións de LECTURAS temáticas que facemos cada mes no cole.

Este mes adicaremos a sesión a reivindicar a igualdade e loitar, con palabras, contra a violencia de xénero.

Se queredes participar decídello á vosa titora e apuntarémosvos para participar. 

Como vos dixemos, este ano temos outras condicións, pero gustaríanos que participarades igualmente:

Preguntade á vosa titora e apuntádevos! =)

Feliz semana!



venres, 30 de outubro de 2020

Agasallo LECTOR

 E por fin, o alumnado comezou a recoller o seu agasallo: 

UNHA CAIXA DE LIBROS PARA CADA AULA.


Como vos contábamos, este ano, aínda contando co préstamo habitual, consideramos que sería positivo, ademais dos préstamos que xa a titora podía levar para a aula, ter algúns exemplares máis para poder disfrutar deles con seguridade e mantendo o grupo-aula. 

Polo que se decidiu organizar esta "Caixa lectora" que irá rotando por cada nivel nos trimestres do curso.

A nosa biblioteca quedou "medio baleira" pero todo sexa por dar recursos ó noso alumnado. Ademais pronto contaremos con máis exemplares para poder levar en préstamo!

Esperamos que a disfrutedes nenas e nenos, xa que Ramoniño esforzouse moito en escoller libros, contos e material informativo para vós! 

Unha aperta!



xoves, 29 de outubro de 2020

 Boas de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!

Para estes días que chegan aquí temos as RECOMENDACIÓNS TERRORÍFICAS que nos fixestes chegar nestas semanas!

 Moitísimas grazas por participar! Sen vós non sería posible =) 

Con estes contos, libros e películas podemos pasar uns "días de medo" xeniais!

Picade no vídeo para poder velo.

Vémonos na próxima!

FELIZ FIN DE SEMANA!


martes, 27 de outubro de 2020

Día das Bibliotecas no Otero Pedrayo

Ola de novo!

Este ano, como sabedes, hai moitas limitacións pero non queríamos deixar de celebrar o "Día das Bibliotecas" dun xeito especial.

Aínda que este curso seguimos coa posibilidade de préstamo, Ramoniño e o equipo de Biblioteca quería facer un agasallo especial ós nosos nenos e nenas... E tras un xogo de pistas con códigos QR descubriron onde recoller o agasallo: na BIBLIOTECA. 

Deixámosvos aquí os vídeos das pistas para que os vexades! 

Entre mañá mércores e xoves podedes vir recoller ese agasallo que vos espera! 

E xa vos ensinaremos por aquí de que se trataba...

Un afectuoso saúdo!


venres, 16 de outubro de 2020

RECOMENDACIÓNS TERRORÍFICAS

 

Ola nenas e nenos do Otero Pedrayo!

Aproveitando que pronto chega o día Das Bibliotecas, 25 de outubro, no que temos preparada algunha sorpresiña… comezamos este mes de outubro cunha actividade que seguro que vos gusta!  

Como fixemos durante o confinamento no curso pasado, queremos que nos mandades as vosas RECOMENDACIÓNS LECTORAS E DE PELÍCULAS para esta época do Samaín e do Magosto. 
Podedes recomendarnos algún cómic, película, conto ou novela que teña de temática o medo, de terror, suspense ou as tradicións destas datas. 

Podedes facelo na CASA ou pedir axuda á vosa titora. 
Animádesvos a participar?? 

Mandádenos ao correo da biblioteca bibliolaracha@gmail.com as vosas RECOMENDACIÓNS en formato vídeo ou foto
con NOME, APELIDOS E CURSO!  


Tedes ata o MÉRCORES 28 para mandalo!
Esperamos as vosas recomendacións! =) 

Deixámosmos aquí o vídeo explicativo!
Saúdos! 

O equipo de Bibiblioteca =)





mércores, 14 de outubro de 2020

Uso da Biblioteca

 OLA OLA!!

Boas lectores e lectoras, deixamosvos por aquí o noso 

Protocolo de aceso a Biblioteca para este curso.

Desde o equipo estamos organizando e propostas para que poidades disfrutar deste espazo sempre seguindo as restricións sanitarias establecidas e medidas de seguridade.

Vémonos pronto!


xoves, 8 de outubro de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

 

Boas de novo lectores e lectoras do Otero Pedrayo!!

Xa comezou OUTUBRO pero este ano temos Biblioteca a medio preparar, dadas as limitacións coas que contamos polo COVID-19. 

Pero temos unha boa nova... o xuño pasado fomos aceptados na convocatoria da Consellería do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares)!!

Isto significa que pronto ampliaremos o espazo da nosa biblioteca, con máis recursos e actividades para vós! O final trátase de que sexa o alumnado quen lle saque partido á biblioteca e a todos os recursos que temos.

Gustaríanos facer moito máis do que podemos polas restriccións, pero aínda así vimos cargad@s de moitas ganas, ilusión e cousiñas novas! 


Pronto vos contaremos!

Estade atentas e atentos ó Día das Bibliotecas, o 24 de outubro

Será esa semana cando saberedes un pouco máis.

Ata pronto!

martes, 30 de xuño de 2020

ATA SETEMBRO!

Nenos e nenas da Laracha, dende o equipo de Biblioteca xa vos desexamos un 
moi bo verán coas recomendacións lectoras que publicamos a semana pasada,
pero hoxe damos por pechada a nosa biblioteca ata setembro! 

Tedes nas publicacións anteriores moitos recursos que podedes seguir empregando durante as vacacións.

Volveremos con moitas máis ganas, moitas cousiñas novas e, sobre todo, moitísima ilusión por comezar un novo proxecto!

Unha aperta xigantesca de parte de BIBLIOPINGAS!!


venres, 19 de xuño de 2020

Recomendacións Lectoras Verán 2020

BO DÍA NENOS E NENAS DO OTERO PEDRAYO!

Chegou fin de curso, un remate un pouco estraño, triste e sen a vosa presenza no cole...
Pero non vos preocupedes que setembro está á volta da esquina e voltaremos con moita máis ilusión, actividades e propostas divertidas! 

Queremos ademais darvos as GRAZAS, ben grandes, por participar nestes meses nas actividades que propuxemos, por sacar o voso lado creativo e as vosas ganas de ler para compartilo cos demais. 

Para pasar este verán queremos recomendarvos contos e libros para desfrutar deles en soidade, coa familia, coas amizades,... na casa, na praia ou no campo.
Un libro sempre é un bo compañeiro de viaxe.
Esperamos que vos gusten!

Vémonos a volta e FELIZ VERÁN!

Moitos bicos de parte de Ramoniño e
unha aperta xigante de todo o Equipo de Biblioteca!


xoves, 18 de xuño de 2020

Imitando CONTOS...

Boas amiguiños e amiguiñas!!
Imos dando por finalizado este curso coa vosa participación.

Deixámosvos aquí as vosas xeniais interpretacións de portadas de libros e contos.
Pinchade na imaxe:

Moitas grazas por participar! 

Podedes visitar tamén a bitácora de Galeguiño para ver as representacións de obras de arte de artistas galegos feitas por vós. Clicade aquí: http://galelaracha.blogspot.com/

Unha aperta enorme!!!

venres, 5 de xuño de 2020

Queremos emocionARTE!

Ola de novo nenos e nenas do Otero Pedrayo!

 

Xa sabedes que durante este curso, Ramoniño propúxonos aprender sobre o ARTE...

O Covid-19 fixo que deixaramos este proxecto un pouco de lado pero, para rematar o curso, queremos presentarvos estas PROPOSTAS sobre a ARTE.

Pode participar todo o alumnado de Infantil e Primaria, profes e tamén familias. 

 

Por iso queremos motivARTE, animARTE, debuxArte e emocionARTE!


Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG (Dinamización da Lingua Galega) ocorréusenos que xogarades coa arte, coas perspectivas, coas cores, co debuxo...
e sobre todo, poñendo en marcha a vosa creatividade!!
Clicade aquí para ver as obras.

E sen olvidarnos de ler (pronto vos deixaremos unhas recomendacións lectoras...) gustaríanos que escollerades un conto ou libro e imitarades a súa portada.

 

Animámosvos a que participedes!

Neste vídeo explicamos como:

 

Deixámosvos tamén as indicacións:  



Tedes aquí un par de exemplos:


Esperamos as vosas fotos! 

Non olvidedes mandalas como data límite o 15 de xuño!


Unha aperta enormísimo! 

xoves, 28 de maio de 2020

Entrevista a ÉRICA ESMORÍS

Boas de novo amiguiñ@s!!

No día de hoxe queremos ensinarvos a entrevista que prepararon as profes e as nenas e nenos de 3º de Primaria para Érica Esmorís, a autora de "O poder de Amabel".

*Fotos extraídas da páxina de Érica Esmorís.

Este libro formou parte do itinerario lector do alumnado de 3º de Primaria durante este curso. A visita de Érica estaba planificada para o mes de abril pero, dadas as circunstancias que todos e todas coñecemos, non se puido facer.

Isto non frenou as ganas que tiñan estes rapaces e rapazas de preguntarlle a autora e decidiron facelo nunha entrevista online, á que Érica se prestou con moito gusto!
Aquí vola deixamos!

Esperamos que o próximo curso, Érica si nos poida visitar =)

Este é o enlace a súa páxina por se queredes coñecer máis dela e dos seus libros: http://ericaesmoris.com/

Ata outro día!

martes, 26 de maio de 2020

As "NOSAS PITAS" baixo a choiva

Bo día a tod@s!!!!
Rematamos xa coas propostas que quedaron das LETRAS GALEGAS 2020. 

Hoxe traémosvos os DEBUXOS DAS PITAS, que os peques de Educación Infantil fixeron con moito amor e moita graza para ilustrar a historia de Ricardo Carvalho Calero.

Aquí vos deixamos os collages!
Graciñas de novo por participar.






Podedes ver tamén outra vez o conto de "As pitas baixo a choiva". 
Nestes días foron moitos os coles, profes e alumnado que fixeron cousas ben bonitiñas. 
Aquí unha versión animada que fixeron do CEE  Garatuxa de Vilagarcía.

E outra canción feita por un mestre chamado Iván Vale:

Que o disfrutedes. Ata a próxima!





luns, 25 de maio de 2020

Marcapáxinas Letras Galegas 2020

Ola outra vez!!

Comezamos a semana ensinándovos os vosos xeniais MARCAPÁXINAS.

Nas vosas escollas saíron palabras moi bonitas da nosa lingua: 
TRAPALLEIRO, CURUXA, RIQUIÑO, AGASALLO, AMABILIDADE, 
LUAR, PEIXE, TOXO, CARBALLEIRA...
 
E outras moi repetidas, que deben ser as favoritas, como: AGARIMO, LEDICIA, AMIZADE, APERTA OU MORRIÑA.

Moitísimas grazas de novo por participar!
Picade na imaxe para poder ver a presentación.

Esperamos que vos guste! 
Unha aperta moi galega! =)

venres, 22 de maio de 2020

Os contos populares da Laracha

Ola de novo nenos e nenas da Laracha!

Neste mes de MAIO xa sabedes que vos pedimos que participarades en varias actividades.
Por fin hoxe vos presentamos...
"OS CONTOS POPULARES DA LARACHA. 
Na honra de Carvalho Calero"

Moitísimas grazas por participar a todo o alumnado de Primaria e tamén ás súas familias e ás súas titoras por botarnos unha man!

Por fin temos o noso libro, picade na imaxe a a DESFRUTAR!

*Hai un erro no título, é Carvalho Calero, desculpade as molestias =(

Unha aperta! 

luns, 18 de maio de 2020

UN CÓMIC MOI ESPECIAL

Como sabedes, onte foi o gran día da nosa lingua, AS LETRAS GALEGAS. 
Xa na semana pasada vos fomos poñendo enlaces, actividades e máis cousiñas para consultar e disfrutar...

Así que esta semana imos ir presentando todo o que nos mandastes e homenaxear así a nosa lingua. 
Hoxe traémosvos unha publicación moi especial. 

Os rapces e rapazas de 6ºA, xunto coa súa profe Cris, crearon un cómic moi especial... 

Pinchade na imaxe para poder velo!

Que o disfrutedes! Unha aperta.